Ensaian baterías para móbiles a partir de cabichas de cigarros

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Os refugallos son un auténtico problema ambiental, pero tamén se formulan como unha futura fonte inesgotable de recursos. Tras o sorprendente desenvolvemento dunha máquina capaz de transformar feces en auga potable, un estudo revelou agora o potencial enerxético dos residuos de tabaco. Os investigadores demostraron que os filtros dos cigarros usados serven para facer supercondensadores, as futuras baterías de portátiles e smartphones.

Aínda que pareza inverosímil, as cabichas que se desbotan a miles por todo o mundo posúen unha altísima eficiencia enerxética, superior mesmo á dos prometedores nanotubos de carbono ou o grafeno. Esta é a conclusión dun estudo levado a cabo pola Universidade Nacional de Seúl, que buscaba unha saída a este residuo non biodegradable.

Os investigadores someteron os filtros das cabichas a un proceso químico denominado pirólise, para descompoñelas e obter un material híbrido de carbono cunha estrutura rica en microporos, idónea para a fabricación de supercondensadores.

De confirmarse o seu potencial con novos ensaios, estariamos ante unha dobre solución ao problema do rendemento enerxético das baterías e ao problema do impacto dos cigarros usados sobre o medio ambiente.

(Fonte: Europa Press)