A enerxía eólica asina un 2020 récord en todo el mundo

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A poderosa implantación das renovables na matriz enerxética mundial segue o seu curso, allea mesmo a turbulencias como a pandemia. 2020 foi, de longo, o mellor ano da historia para a industria eólica mundial, que engadiu 93 GW (xigavatios) de capacidade instalada (+53% interanual), até os 743 GW.

A tendencia á baixa entre 2016 e 2018 xa se rompeu en 2019, cando a potencia instalada deste tipo de tecnoloxía de xeración volveu a repuntar, pero a subida deste ano non ten parangón en toda a serie histórica, segundo o informe anual do Global Wind Energy Council.

O ano do coronavirus foi tamén o ano das enerxías verdes. En España, onde supuxeron o 44% da produción e as emisións de dióxido de carbono caeron até o seu nivel máis baixo desde que hai rexistros; e no mundo, onde -en boa medida grazas ao tirón de China e Estados Unidos- capearon o maior temporal en anos moito mellor do que cabería esperar ao comezo da crise sanitaria e económica.

O seu bo comportamento responde tanto ao desplome no custo de xeración da enerxía eólica e da solar fotovoltaica como á necesidade dos países de lograr un mix máis verde para cumprir cos obxectivos de emisións. No caso da eólica, o tirón das instalacións en terra foi clave no bo comportamento rexistrado en 2020. Mentres, para as marítimas foi o segundo máis prolífico en novas turbinas instaladas.

Fonte: El País