Enerxía

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
  • A carreira pola implantación de coche eléctrico empezou

    A carreira pola implantación de coche eléctrico empezou. Hai pouco India anunciou que ía estudar como impulsar o cambio. Agora mesmo, Países Baixos e Noruega están en plenas negociacións de cara a prohibir a venda de coches non eléctricos a partir de 2025. E mesmo Formentera quere ser a primeira illa de Europa só con coches eléctricos.

  • 1000 quilómetros de estrada solar en Francia

    En Francia, as autoridades ambientais e de transporte están a traballar nun ambicioso proxecto cuxo obxectivo é cubrir o chan de 1000 quilómetros de estrada con placas solares. Trátase dunha iniciativa que no caso de resultar exitosa podería proporcionar electricidade a cinco millóns de persoas, o que representa o 8% da poboación francesa.

  • Correntes de aire do metro para xerar enerxía eléctrica

    A empresa Tunel Energy está a traballar no desenvolvemento dun prototipo de aeroxeradores para a súa instalación en condutos de ventilación e túneles do suburbano de Madrid de cara a xerar enerxía eléctrica aproveitando as correntes que se xeran no suburbano.

  • As ventás do futuro serán paneis solares transparentes

    Investigadores da Universidade Estatal de Michigan formularon a creación de ventás solares a través da creación dun concentrador solar totalmente transparente, o que podería converter calquera cristal ou lámina de vidro, como a pantalla dun smartphone, nunha célula solar fotovoltaica.

  • Crean uns revolucionarios globos solares para producir enerxía

    Estes globos equipados con paneis solares serían capaces de flotar a unha altitude de ata 20 quilómetros, evitando así a interferencia das nubes. O maior problema que enfrontan os paneis solares, é o aproveitamento da enerxía solar, algo que depende das condicións meteorolóxicas, así como da cantidade de luz solar que reciben diariamente, aínda así, as células fotovoltaicas só son capaces de aproveitar unha parte do espectro solar.

  • Crean un innovador papel que é capaz de almacenar enerxía eléctrica

    Investigadores do Laboratorio de Electrónica Orgánica da Universidade de Linköping, en Suecia, desenvolveron un novo tipo de papel capaz de almacenar enerxía eléctrica. Trátase dun material que mellora a condutividade simultánea entre ións e electróns, o que representa un novo paso cara novas formas de almacenamento de enerxía.

  • Heat Harvest, un revolucionario sistema para converter a calor en electricidade

    Heat Harvest é unha proposta do laboratorio de investigación Space10 para capturar a enerxía calorífica de todo tipo de obxectos do fogar e convertela en enerxía eléctrica destinada a cargar aparatos como os teléfonos móbiles ou as tablets.

  • Unha revolucionaria batería permitirá a coches eléctricos percorrer 600 km sen recargar

    Investigadores do departamento de Química e do Centro de Grafeno da Universidad de Cambridge crearon unha nova batería experimental baseada en litio-aire, que en teoría aumentaría substancialmente a súa capacidade e o número de ciclos que se pode recargar. Denominóuselles "as baterías definitivas" por todas as melloras que teñen fronte ás de litio-ión, que se usan en toda clase de aparatos.

  • Un revolucionario cono solar xera 20 veces máis enerxía que paneis tradicionais

    Novos deseños aumentan o rendemento dos paneis solares facéndoos máis eficientes e aptos para consumo masivo. En 1977 un vatio de enerxía solar custaba 76 dólares e na actualidade só custa 36 centavos. Todos estes cambios son debido a novos adiantes tecnolóxicos que xorden cada día e permiten aproveitar máis e mellor a enerxía solar.

  • Un revolucionario globo solar xera máis enerxía que os paneis tradicionais

    A empresa Cool Earth desenvolveu unha tecnoloxía que utiliza unha fileira de globos que concentran e capturan a enerxía solar, sen utilizar infraestrutura custosa ou grandes cantidades de silicio.

Páxinas