Enerxía

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
  • Para 2030 os coches eléctricos serán máis baratos que os de combustión se a produción de baterías segue crecendo

    Non é ningunha sorpresa que o mundo se dirixe cara a un consumo de enerxías renovables, onde os automóbiles están a formar parte importante deste cambio con fabricantes como Tesla e outros que están a apostar por coches 100% eléctricos. O interesante disto son os prognósticos, xa que cantos máis fabricantes haxa traballando en sistemas eléctricos e baterías, maior será a caída nos prezos que beneficiará a todos.
  • A próxima xeración de baterías de ión-litio ten selo español

    Fabricar baterías de ión-litio que resulten máis eficientes, baratas, resistentes e seguras que as convencionais. Con este obxectivo, investigadores da Universidade Carlos III de Madrid (UC3M) e do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) patentaron un método para fabricar novos eléctrodos cerámicos que se utilicen para a produción desta nova xeración de baterías.
  • Propoñen embalsar aire comprimido como batería de enerxía renovable

    Científicos europeos investigan como embalsar aire, igual que se fai coa auga na enerxía hidroeléctrica, como unha especie de batería capaz de almacenar enerxía renovable. Os investigadores do proxecto de investigación RICAS 2020, auspiciado pola UE, teñen en mente todas as partes do mundo onde as cavernas seladas en desuso poderían ser usadas como sitios de almacenamento.
  • Software libre para predicir a produción enerxética de sistemas fotovoltaicos

    Un equipo de investigadores do Instituto de Enerxía Solar (IES) da Universidade Politécnica de Madrid (UPM) desenvolveu un modelo que permite predicir a produción de enerxía dun sistema fotovoltaico partindo dunha mínima información meteorolóxica.
  • Aimen desenvolve paneis solares "autorreparables" e de baixo impacto ambiental

    O centro tecnolóxico Aimen participa nun proxecto europeo que persegue optimizar a sustentabilidade e eficiencia da fabricación de sistemas de aproveitamento de enerxía solar mediante o desenvolvemento de tecnoloxías que permitan producir células e paneis fotovoltaicos reducindo o seu impacto ambiental e o consumo de recursos.
  • Unha beirarrúa que xera enerxía limpa

    En Sandpoint, Idaho (Estados Unidos), instalaron a primeira beirarrúa de placas solares, unha superficie transitable, resistente ás inclemencias do tempo e que pode axudar a aforrar enerxía á cidade. A instalación situouse no medio dunha das prazas máis concorridas da cidade. Chama a atención polo seu colorido e brillo, debido aos LED integrados nas baldosas que se iluminan grazas á enerxía limpa procedente do sol.
  • Un rañaceos con 3000 m2 de paneis solares

    Australia será a encargada da próxima construción do que será o primeiro rañaceos solar no mundo, situado na cidade de Melbourne dentro do barrio de Southbank, a un quilómetro do distrito central de negocios.
  • Crean unha célula solar que converte o CO2 en combustible

    Investigadores da Universidade de Illinois deseñaron unha célula solar que converte de forma barata e eficiente o CO2 directamente en combustible hidrocarburo, usando só a luz solar.
  • Crean un innovador panel solar que produce enerxía do sol e da chuvia

    A enerxía solar, que é probablemente a mellor alternativa para que comecemos a substituír os combustibles fósiles que nos danan a nós e ao noso planeta, está felizmente nunha etapa de expansión.
  • Crean a célula solar máis delgada do mundo

    Sabemos que a tecnoloxía avanza dunha forma impresionante. Clara mostra diso é que hai xa uns meses coñecemos a noticia de que un grupo de investigadores do MIT desenvolveran unha célula solar de tan só 1,3 microns, un logro que abría as posibilidades cara a dispositivos capaces de xerar enerxía dunha forma sinxela e sen necesidade de conectarse á enerxía eléctrica.

Páxinas