Endesa involucra os fillos dos seus empregados nos procesos innovadores da compañía

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Endesa reuniu recentemente 48 nenos e nenas de entre 10 e 14 anos para que respondesen á pregunta de como vían o robot do futuro. Tras recibir nocións básicas relacionadas coa robótica, a programación e impresión en 3D, os participantes no primeiro Endesa Hackateen deron como froito ideas innovadoras.

"High Tech", un robot doméstico solar para mellorar a seguridade na casa cun sensor para detectar intrusos e que ao mesmo tempo dá consellos de seguridade e saúde, "Enelesio" un robot reciclado capaz de reducir os lixos e recargable con placas solares, e "Bobú" un robot asistencial para persoas maiores cun botón para chamar á policía, foron os tres premiados no encontro tecnolóxico de Endesa dirixido aos nenos.

O saúdo do robot

A estas ideas gañadoras uníronse outras como un robot que transforma o aire contaminado en aire limpo, un robot que limpa as augas residuais e as utiliza para regar parques e xardíns, ou un robot que leva medicinas a lugares sen hospitais.

Ademais, os nenos puideron crear dende Tinkercard -programa especialmente adaptado para eles- os seus propios prototipos de pezas, que despois viron como se imprimían. Tamén aprenderon a deseñar, programar e controlar un robot mediante Scratch, unha linguaxe de programación creada polo MIT. Trátase dunha linguaxe moi sinxela idónea tanto para aqueles nenos que xa teñen coñecementos na materia, coma para os que comezan a introducirse neste mundo. Por último, os nenos recibiron formación sobre Arduino 101 para descubrir todas as posibilidades que ofrece esta placa de desenvolvemento.

Endesa Hackateen é, segundo a compañía, "unha aposta máis de Endesa polo modelo de innovación aberta, coa visión de descubrir, idear e crear a enerxía dos próximos anos". E nun comunicado, a enerxética engade que "a iniciativa nace do compromiso de Endesa coas futuras xeracións de cara a permitir aos mozos formar parte dunha experiencia na que poidan traballar de forma creativa e activa, achegando as súas propias visións, ideas e creatividade, ao mesmo tempo que se lles transmite a paixón pola tecnoloxía e as súas aplicacións prácticas para que eles á súa vez transmitan esta paixón aos seus pais".

Videoxogo con placas Arduino

A iniciativa enmárcase no Endesa Energy Challenges, unha nova plataforma colaborativa para buscar, xunto con emprendedores, produtos e servizos enerxéticos eficientes. Durante 2015 lanzáronse as dúas primeiras iniciativas, Endesa Datathon e Endesa Hackathon. A idea da compañía é que esta innovación chegue tamén aos empregados de Endesa, e recentemente celebraron un HackDay interno, para que os empregados mostraran o seu lado máis tecnolóxico e as súas ideas para mellorar o negocio. A esta acción únese o Digital Day, dirixido tamén a empregados para buscar o seu lado máis dixital, e agora o Hackateen, que Endesa lanzou para os fillos dos empregados.

(Fonte: Innovaspain)