Encontro Internacional de Transferencia de Tecnoloxía en TIC SIMO Network 2012

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
No marco da Feria Internacional de Servizos e Solucións TIC para Empresas, SIMO Network 2012, a Fundación madri+d organiza os días 25 e 26 de setembro un Encontro Internacional de Transferencia de Tecnoloxía no Sector das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións.

A fundación madri+d no marco das actividades vinculadas á súa participación na Rede Enterprise Europe Network, organiza este foro cuxo obxectivo é facilitar a comunicación e o encontro entre empresas, centros de investigación e universidades do sector das tecnoloxías da información e comunicacións a nivel internacional. A xornada permitirá detectar potenciais oportunidades de colaboración e negocio mediante o desenvolvemento de entrevistas bilaterais previamente programadas.

Esta xornada de encontros bilaterais para a transferencia de tecnoloxía en TIC terá lugar no recinto feiral de IFEMA nos días 25 e 26 de setembro de 2012. Os organizadores pretenden configurar unha cita tecnolóxica anual no marco de SIMO Network, tendo en conta o éxito de convocatoria e participación na edición previa, celebrada en SIMO Network 2011. Nesta ocasión, déronse cita máis de 300 participantes, o 15% de orixe internacional (empresas, universidades e centros de I+D+i) .Durante a xornada tiveron lugar máis de 350 reunións que permitiron iniciar contactos tecnolóxicos ou preparar acordos colaborativos.

A colaboración de Universidades e OPIs do sistema madri+d na organización destes encontros axiliza o transvasamento de tecnoloxía e coñecemento desde as universidades e centros de investigación ao tecido empresarial. Ademais,  contarase coa colaboración de entidades representantes do ámbito empresarial que achegarán a identificación das necesidades tecnolóxicas neste sector de rápida evolución.

Aquelas empresas, universidades e organismos públicos de investigación interesados en participar na xornada de transferencia deberán publicar polo menos un perfil de oferta ou demanda tecnolóxica entre o 10 de xullo e o 12 de setembro de 2012. Os ditos perfís serán publicados nun catálogo online que se actualizará constantemente, onde se poderán seleccionar as ofertas tecnolóxicas que sexan de interese e concertar reunións bilaterais de cara a establecer futuras comunicacións.

Esta iniciativa apóiase no programa de traballo da Rede Enterprise Europe Network da cal o Sistema madri+d é un nodo activo. Esta Rede está formada por 600 organizacións que ofrecen cobertura territorial en máis de 47 países, achegando ás empresas servizos de asesoramento e apoio á transferencia de tecnoloxía, como vía para incrementar a súa competitividade internacional.

(Fonte: madri+d)