As empresas investirán 1,9 billóns en tecnoloxías da información en 2012

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
As empresas de todo o mundo investirán en 2012 un total de 2,7 billóns de dólares (1,9 billóns de euros) en tecnoloxías da información, un 3,8% máis do que destinarán a eles este ano, segundo as estimacións de Gartner. Malia o avultado da cifra, a consultora fala de certa minorización porque o incremento que esperan para este ano é do 5,9%.
 
A firma destacou, non obstante, que, malia as dificultades económicas globais, as corporacións seguiron e seguirán investindo en TI. "Este ano vai haber unhas 350 empresas que van investir cada unha máis de 1000 millóns de dólares", asegurou Peter Sondergaard, vicepresidente senior de Gartner, que destacou que o están a facer porque estas tecnoloxías están a impactar na evolución dos seus negocios.
 
Sondergaard, que estará en Barcelona do 7 ao 10 de novembro durante a celebración do Gartner Symposium ITxpo 2011, destacou que as áreas que van recibir un maior investimento serán as referidas ao cloud (computación na nube), as tecnoloxías sociais, a xestión da información (debido á grande eclosión de datos que as compañías teñen que manexar e a súa influencia na xestión), e a mobilidade.
 
O analista pon como exemplo as vendas que esperan dos tablets. Para 2016 prevén que se vendan un total de 900 millóns de tabletas fronte ás 20 millóns comercializados en 2010. A consultora asegura que os tablets equipados co sistema operativo iOS de Apple, o Android de Google e o Windows 8 de Microsoft, superará a base total de PC instalados.
 
Ao falar do cloud, a consultora tecnolóxica estima que mentres o pasado ano esta área supuxo o 3% do investimento empresarial en TI (74.000 millóns de dólares), esta cifra pasará a ser o 19% no ano 2015.
 
(Fonte: Cinco Días)