As empresas españolas invisten en I+D a metade que a media europea

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

O investimento español do PIB en I+D cífrase nun 1,22%, moi por debaixo da media da Unión Europea, que se eleva ata o 2,02% e da media da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE), que está nun 2,4%, segundo o estudo "A Investigación en España, as actitudes de empresas, gobernos e cidadáns".
 
O estudo, que se inclúe no terceiro dosier publicado polo Observatorio Social da "Caixa", "Investigación e innovación: ¿que nos xogamos?", indica que o sector privado español, en 2015, realizou actividades de investigación cun gasto de 6000 millóns de euros, sendo a media de Europa de 11.000 millóns.
 
O comportamento de empresas e do Goberno ante o I+D está afastado, tamén, das expectativas sociais, xa que a sociedade española percibe a ciencia moi favorablemente. De feito, segundo datos do eurobarómetro Especial de 2013, o 80% dos españois cre que a ciencia fai a vida máis doada, confortable e saudable aos cidadáns.
 
O profesor de investigación do Instituto de Políticas e Bens Públicos do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) Luis Sanz Menéndez, autor dun dos artigos do dosier, destacou que as empresas "fan un baixo esforzo en investigación" e apuntou que 2008 e 2010 foron os anos nos que "máis se investiu en PIB para o investimento, pero seguía sendo menos que a media da UE".
 
O segundo artigo, "¿Está a perder España investimento internacional en I+D?", de Paloma Miratvilles, da Universidade de Economía e empresa de Barcelona, baséase en datos do World Economic Forum e entrevistas con representantes do sector de multinacionais estranxeiras e conclúe que "economías emerxentes como Rusia, Brasil, India e, sobre todo, China, están ganando terreo no mapa da localizacion internacional da I+D, ocupando parte do espazo ocupado, indiscutiblemente por EEUU, Xapón e Alemaña".
 
(Fonte: Innovamás)