Empresas españolas desenvolven o proxecto de cidade intelixente Ciudad 2020

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Un consorcio de nove empresas españolas lideradas pola multinacional tecnolóxica Indra levará a cabo o proxecto ''Ciudad 2020'' que, cun presuposto de 16,3 millóns de euros, busca desenvolver un novo modelo de cidade intelixente e sustentable.

Segundo informou Indra nun comunicado, o proxecto 'Ciudad 2020'' aborda un novo modelo de cidade intelixente que se fundamenta en cinco piares, como son a innovación no transporte, o Internet do futuro, a eficiencia enerxética, a sostenibilidad ambiental e a relación do cidadán coa súa cidade.

Este proxecto, que se enmarca dentro do Programa Innpronta do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) do Ministerio de Economía, ten en conta a análise do comportamento dos cidadáns como punto de partida para ofrecer servizos "axustados ás súas necesidades". ''Ciudad 2020'' baséase, así mesmo, no "internet das cousas", que dota aos obxectos de tecnoloxía para que sexan capaces de conectarse e intercambiar información para, dese xeito, dar solución ás necesidades de comunicación entre os cidadáns e os diferentes obxectos que configuran "a cidade do futuro".

Tamén porá ao alcance dos cidadáns as tecnoloxías que lles permitan tomar decisións sobre o consumo enerxético no fogar, a oficina e os espazos públicos, e buscará incentivar o uso do transporte público. Neste sentido, o proxecto prevé desenvolver novas solucións para reducir as emisións contaminantes e que eviten as conxestións do tráfico.

"Promoveranse os servizos de transporte urbano integrado (intermodal) e facilitarase a adopción de modos de transporte máis ecolóxicos e sustentables, como o vehículo eléctrico ou os medios non mecánicos," sinala o comunicado.

En cuestión ambiental, investigarase na monitorización da contaminación do medio ambiente, a acústica e a lumínica e deseñaranse ferramentas para facilitar a xestión do consumo, a auga e os residuos sólidos. Neste proxecto, liderado por Indra, participan as compañías Ferrovial Agromán, Atos, Fragos Electrónica e GFI Informática e as pemes Fractalia, Daedalus, Tekia e Isoco.

Tamén participan grupos de investigación da Universidade Politécnica de Madrid, a de Alcalá de Henares, a Carlos III, a Universidade de Zaragoza, a de Cantabria e a da Coruña e as fundacións Barcelona Digital e o Centro de Innovación de Infraestruturas Intelixentes.

(Fonte: EFE)