En relación coas actividades formativas, os responsables de CEAGA manterán o próximo 29 de xaneiro en Tecnópole unha reunión cos seus socios da provincia de Ourense para planificar novas actividades formativas, nas que as empresas do Parque gozarán das mesmas condicións de acceso ca eles.
Uns días antes, o 23 de xaneiro, CEAGA celebra a súa primeira acción formativa do ano, unha xornada sobre innovación en materiais e tecnoloxías do plástico en automoción que terá lugar nas instalacións centrais da súa universidade corporativa, en Vigo.
(Fonte: CEAGA e Tecnópole)