A empresa de Tecnópole Primux deseña o novo portátil Iox Shark, que ofrece unha experiencia de xogo máis más avanzada

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O fabricante galego de tecnoloxía Primux, situado no Parque Tecnolóxico de Galicia, desenvolveu unha gama alta de computadores para gamers, os novos Iox Shark serie 5 e Iox Shark serie 6. O Iox Shark preséntase como un portátil potente e eficaz, cunha gráfica RTX.

A empresa decidiu ofrecer dous modelos distintos. O modelo Iox Shark serie 5 é un portátil ultralixeio e de alto rendemento, enfocado tanto a deseñadores de contido como a players. Pola súa parte, o modelo Iox Shark serie 6 está pensado principalmente para gamers e conta con todas as prestacións necesarias para poder ofrecer a experiencia de xogo máis avanzada.

Tal como sinalan desde a empresa, “os eSports están a vivir o seu mellor momento se falamos de notoriedade, investimento e seguidores, coa axuda da expansión de internet, as novas tecnoloxías e as plataformas”. Así, a firma galega non quixo deixar escapar a oportunidade de lanzar ao mercado a súa aposta futura por situarse como unha marca relevante dentro dos eSports.

“Con este novo lanzamento apoiamos á xeración Z, coñecida tamén por ser a xeración que medrou nunha contorna de videoxogos” -indica Daniel Rodríguez, director xeral de Primux-.

Sobre Primux

Crear produtos innovadores para as necesidades diarias é a razón de ser de Primux, compañía con base en Ourense con máis de dez anos traballando no desenvolvemento da tecnoloxía de consumo. A marca aposta pola última tecnoloxía, sen deixar de lado a calidade e a atención ao usuario.

Fonte: Tecnópole