A empresa de Tecnópole Fentotek desenvolve un ventilador sanitario

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A covid-19 xerou nestes últimos meses unha alta demanda de novos materiais sanitarios cos que estar protexidos contra a pandemia. Ante esta situación diversas empresas ampliaron o seu abano produtivo converténdose en fabricantes de mamparas, pantallas e respiradores, entre outros.

Fentotek, empresa ourensana ubicada na Tecnópole, é unha das sociedades que, sendo conscientes das necesidades da poboación, decidiron deseñar un prototipo de respirador cuns compoñentes sinxelos e facilmente replicable. “En la empresa somos consultores, nos dedicamos al diseño y exposición de equipos electrónicos por encargo para otras compañías. Nuestro sector está centrado en las comunicaciones y automatizaciones. Con el covid-19 vimos al principio cómo se anulaban algunos de los pedidos que teníamos pero, por otra parte, vimos una necesidad de respiradores en el pico de la pandemia y decidimos aportar lo que pudiéramos con nuestros conocimientos”, comenta o responsable de Fentotek, Rubén Otero Vázquez.

De forma altruísta e sen unha motivación económica, desde Fentotek realizaron un proxecto que versara sobre a fácil consecución das pezas e a posibilidade de realizalo en calquera lugar cun custo máis baixo que os que xa estaban no mercado. “Más tarde apareció una propuesta de la Xunta de Galicia para que empresas catalogadas como “innovadoras” presentaran sus propuestas. Nosotros presentamos la nuestra y resultamos ser una de las seleccionadas”, apunta Otero.

Impulso

Oito foron os proxectos que finalmente conseguiron un convenio coa Xunta e isto supuxo un impulso á hora de continuar coa labor que se estaba a realizar. “La inversión de la Xunta fue muy buena para la empresa porque ha subvencionado completamente el proyecto. Para nosotros esto ha supuesto una incursión en un nuevo mercado que es el de los equipos médicos y realmente recibir este tipo de apoyos ha supuesto adquirir conocimientos y abrirnos a nuevas áreas en las que todavía no habíamos trabajado”, reflexiona Otero.

Premiar este tipo de iniciativas por parte do Goberno autonómico e apostar polas pemes nun momento de emerxencia permite a consecución dos obxectivos que se marcaron coa chegada desta situación excepcional. A Xunta de Galicia pretende dar unha oportunidade ao tecido empresarial galego contribuíndo ao desenvolvemento dos seus proxectos innovadores podendo estes favorecer á rápida diagnose e o mellor manexo clínico de pacientes infectados polo coronavirus.

A proposta da empresa ourensá Fentotek, ao igual que as sete restantes, esperan agora a súa saída ao mercado, “al ser un proyecto de innovación está todavía en fase de diseño”, conclúe Otero.

Fonte: La Región