A empresa española IUCT crea un fondo de capital semente para emprendedores innovadores

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A empresa española IUCT creou o Fondo de Capital Coñecemento, que axudará na creación ou crecemento de empresas innovadoras do sector químico, farmacéutico e biotecnolóxico grazas a un investimento de catro millóns de euros para investir en 10 anos a razón dun volume de investimento por operación de entre 50.000 e 400.000 euros.
 
Este fondo de investimento en capital semente nace, segundo os seus creadores, baixo a perspectiva estratéxica de open innovation. A característica principal é que non se trata dun fondo dirixido exclusivamente a achegar capital á nova empresa, senón que pretende achegar valor en activos de coñecemento, experiencia e físicos que posúe IUCT. O fondo está dotado con catro millóns de euros para investir en 10 anos cun volume de investimento por operación de entre 50.000 e 400.000 euros, cunha operación media duns 200.000 euros.
 
O obxectivo é poder participar en dúas operacións empresariais anuais. A participación no conxunto de accionistas da empresa será non dominante ou minoritaria. O calendario de saída do investidor formúlase a medio e longo prazo e, en todo caso, sempre pactado co emprendedor. Non existe un prazo máximo de desinvestimento.
 
O fondo diríxese a empresas aínda non creadas ou de recente creación, cun elevado potencial de crecemento, e unha base tecnolóxica e innovadora alta. O investimento destinarase a proxectos e empresas especializadas en química verde, biocombustibles, biotecnoloxía industrial, química fina, drug discovery, drug delivery, drug development, biomedicina, industria farmacéutica, cosmética e alimentación funcional.
 
Xestión do coñecemento
 
O fondo está xestionado por IUCT Emprèn, unha das catro empresas do grupo IUCT do sector biotecnolóxico. "O modelo de negocio de IUCT difire do resto de empresas biotecnolóxicas, xa que o noso obxectivo é xerar un know how de alto valor engadido para ser explotado comercialmente de múltiples formas: transferencia tecnolóxica do produto á industria (licenciar patentes), explotación do coñecemento xerado a través de contract research con empresas do sector, venda do proxecto a organismos públicos para a obtención de subvencións, uso dos equipos tecnolóxicos adquiridos durante o proxecto a través da venda de servizos tecnolóxicos, xeración de novos proxectos de I+D+i, consultoría técnica, formación in company ou master e postgraos especializados, explotación diferida a través de spin off participadas por IUCT Emprèn, e creación e explotación dunha nova plataforma tecnolóxica co coñecemento adquirido", explican.
 
IUCT atópase en Mollet del Vallès (Barcelona) e no Parque Tecnolóxico de Tres Cantos (Madrid).
 
(Fonte: Emprendedores)