O emprego en Galicia xerminará en empresas con músculo tecnolóxico

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A gran pregunta que asalta a todos é: Ten Galicia capacidade para reabsorber os postos de traballo que se perderán coa crise? Cales serán os motores de emprego? Nas quinielas dos expertos a industria apunta alto, a pesar de que hoxe só representa o 14% do PIB galego. Extínguese a era do CO2, pero ábrese paso outra revolución. Só xerarán empregos «aquelas que teñan que ver co desenvolvemento das novas tecnoloxías: a Internet das cousas (IoT), Intelixencia Artificial (IA), a análise da información (big data), ciberseguridade, impresión de pezas en 3D... Son ferramentas que teñen que estar moi presentes en todo o tecido industrial», apunta o economista Alberto Vaquero. E esa será a clave: as empresas capaces de absorber emprego serán as que incorporen esas tecnoloxías ao seu modelo de negocio.

No sector do automóbil iniciaron ese proceso, aínda que de forma caótica. Hai moitas iniciativas, pero non unha folla de ruta clara. Unha mostra é a falta de respaldo da gran locomotora galega, Stellantis, á instalación dunha planta de baterías. Non está claro que sexa un mercado no que Galicia poida competir. Hai países e mesmo rexións que levan anos de vantaxe, dispoñen de máis materias primas e man de obra barata. Pero quizais si se poidan incorporar as melloras introducidas por empresas auxiliares para engadir máis valor ao produto e reducir custos. Os operarios terán que especializarse no manexo de robots, de software ou reparacións, por exemplo.

A outra vella locomotora da economía galega, o téxtil, xa está en plena transición. As tendas físicas van perdendo terreo -en parte polo seu peche intermitente- en favor das vendas dixitais. O gran xigante da moda, Inditex, anotouse unha subida do 77% das vendas por esta canle. Pechará ao redor de 1200 locais pequenos que poidan amortizar co negocio por Internet. Iso tradúcese en menos postos de traballo de cara ao público e máis oportunidades para quenes xestionan os servizos virtuais.

A consultora BDO sinalou nun informe do mes de xaneiro que os investidores estaban a perder o apetito polo automóbil e o téxtil, pero teñen os seus ollos postos noutros sectores con gran potencial para medrar e crear emprego: o TIC, a alimentación, a saúde e o deporte, a pesca e a enerxía. Os seus expertos subliñan a importancia de preparar os cimentos para «impulsar a reindustrialización en sectores tractores capaces de arrastrar a outros segmentos de actividade», á vez que se canaliza o investimento cara a actividades de alto compoñente tecnolóxico, onde xa hai algo de terreo sementado en Galicia como a biotecnoloxía, os drons, a enerxía eólica mariña ou o sector forestal.

Fonte: La Voz de Galicia