Egatel repite como empresa máis innovadora de Galicia por cuarto ano consecutivo

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Egatel posicionouse por cuarto ano consecutivo como a empresa galega con mellor desempeño en innovación, segundo o Informe Ardán. Ademais, na última edición deste referente en indicadores económicos recoñécese a empresa situada en Tecnópole como a mellor empresa de Ourense.

Ourense é a provincia que conta cun menor número destes indicadores (158), aínda que esta cifra se incrementou un 42% dende 2006. Entre elas, Egatel destaca con 17 destes indicadores.

Tras presentar a semana pasada os datos xerais para Galicia, o Consorcio da Zona Franca de Vigo comezou a realizar as análises detalladas por provincias, coincidindo co 25º aniversario de Ardán. A sede da Confederación Empresarial de Ourense (CEO) acolleu a presentación hai uns días.

Do estudo elaborado polo servizo de información empresarial Ardán despréndese que o VEB (Valor engadido bruto) empresarial da provincia de Ourense creceu 34 puntos máis que a economía galega no período 1994-2015, un 152% fronte ao 118% de incremento do PIB galego. E en particular, a comarca de Ourense incrementou o seu VEB un 235%, facendo que o seu peso sobre o VEB de Galicia aumentase un punto neste período, ata o 3%.

Por sectores, a industria auxiliar foi a de maior crecemento no último cuarto de século (un 1600%), seguido da moda (800%) e saúde (567%). Non obstante, é o agroalimentario o que máis peso ten na economía ourensá, ao sumar 1753 millóns de euros en factuaración. A construción e o téxtil-moda ocupan a segunda e terceira posición, con 1009 e 461 millóns de euros facturados, respectivamente.

As 10 mellores empresas da provincia

De feito, é unha compañía agroalimentaria a que encabeza o ranking das 10 mellores empresas: Coren, que factura 542 millóns de euros. Entran neste top ten empresarial Sociedade Textil Lonia (2º posto e 268 millóns), Coren Agroindustrial (4º posto, con 254 millóns), Aceites Abril (6º posto, 138 millóns), Adolfo Domínguez (9º posto e 86 millóns) e pecha a clasificación Cupa Lousas, con 85 millóns facturados.

A análise empresarial da provincia de Ourense presenta unha importante singularidade: as súas grandes empresas rexistran unha alta taxa de sustentabilidade e supervivencia. O 82% das 50 maiores compañías ourensás en 1993 sobreviviron e incrementaron o seu negocio nun 497% en 25 anos. A taxa de supervivencia empresarial do top 50 de Ourense é nove veces maior que a media española.

(Fonte: Economía en Galicia)