Egatel presenta os seus transmisores de TV de alta eficiencia - banda ancha na feira IBC2015 de Amsterdam

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Egatel acaba de presentar os seus transmisores de TV de alta eficiencia en banda ancha e a nova liña de produtos no campo dos transceptores satelitais en IBC2015, unha das maiores feiras do mundo da industria de medios electrónicos, celebrada no RAI Convention Center de Amsterdam entre o 11 e o 15 de setembro.

No stand de Egatel puido verse en funcionamento real sobre carga un transmisor de TV de alta eficiencia-banda ancha da serie WHET (Wideband High Efficiency Transmitters), que proporciona un rendemento en toda a banda UHF de ata un 42%, tanto en refrixeración líquida como aire.

A optimización da eficiencia enerxética nos transmisores conséguese a través da tecnoloxía Doherty, que ao sumarlle a función banda ancha permite realizar cambios de canle sen necesidade de facer ningunha modificación nos amplificadores.

Tamén se exhibiu o 'Smart LNB', un equipo concibido polo operador de satélites Eutelsat e implementado por Egatel. Eutelsat, un dos principais operadores de satélites e provedor clave de servizos de radiodifusión e banda ancha, apostou por este innovador produto para a nova xeración de servizos bidireccionais a través da plataforma de televisión conectada.

O 'Smart LNB' é un dispositivo electrónico de última xeración equipado cun novidoso transceptor conectado á antena parabólica que dispón dunha canle de retorno de alta eficiencia. O terminal revolucionará o mercado SatCom, ao abrir a porta a unha ampla gama de servizos de TV conectada vía satélite como, HbbTV, redes sociais, operacións de compra, consumo de contidos á carta, etc; así como aplicacións machine to machine (M2M): e-health, casa conectada, smart metering, etc.

(Fonte: Egatel)