Egatel participa en NAB por undécimo ano consecutivo

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

A empresa de Tecnópole Egatel estivo presente na última edición da feira NAB, que tivo lugar nas Vegas a semana pasada. Esta feira conta con máis de 90.000 profesionais de 150 países e máis de 1500 compañías expositoras. Egatel presentou no seu stand novas configuracións da gama de transmisores UHF de alta potencia con refrixeración líquida (serie TLE6800), así como sistemas en media potencia refrixerados por aire capaces de entregar ata 2,4 kW en DVB/ISDB.

Dentro da serie de transmisores con refrixeración por líquido TLE6800, caracterizada polo seu deseño completamente modular, preséntase a opción de integrar o sistema de bombas no mesmo rack que o transmisor, conseguindo así unha redución de custos e espazo en planta moi interesante.

A tecnoloxía de transistores LDMOS-50 volt de última xeración utilizada nos amplificadores proporciona un rendemento moi elevado, minimizando significativamente o consumo enerxético e, polo tanto, os custos de operación.

En refrixeración por aire, ofrécense transmisores baseados no amplificador de 300 Wrms (DVB/ISDB) co que se poden levar a cabo integracións dun máximo de 8 amplificadores, alcanzando potencias de ata 2,4 kW en DVB/ISDB, cun rendemento enerxético moi destacado. Segundo a empresa, con estes amplificadores preséntanse inmellorables valores en parámetros fundamentais da calidade do sinal transmitido tales como atenuación das ombreiras e MER, co uso case xeneralizado xa para calquera potencia, da precorrección dixital adaptativa, que realiza unha análise da función de transferencia do sistema baseándose na comparación directa entre a entrada e unha mostra da saída.

Con independencia da potencia ou sistema de refrixeración utilizado, Egatel ofrece os seus moduladores en deseños de 1 U 19" para os estándares DVB-T/-H/T2, ISDB-T/TB e ATSC, cumprindo cos máis altos parámetros técnicos de calidade. Así mesmo, utiliza amigables solucións para a operación e o mantemento, como son o uso de programas de control baseados en servidores web embebidos, memorias extraíbles con inserción frontal para a carga e descarga de configuracións e solucións de supervisión remota sobre SNMP.

(Fonte: Egatel)