O ecosistema biotech galego subscribe acordos estratéxicos con biorrexións de EEUU, Francia e Brasil

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga), que preside Carme Pampín, acaba de subscribir acordos de colaboración estratéxicos con biorrexións de Estados Unidos, Francia e Brasil para aproveitar sinerxías e mellorar a competitividade do tecido biotecnolóxico galego. Os acordos permitirán ás catro rexións desenvolver accións conxuntas e promover a súa cooperación.

A presidenta de Bioga, Carme Pampín, destaca que os acordos rubricados coas tres bio-rexións de Estados Unidos, Francia e Brasil “permite establecer Pontes” que son claves para coñecer de primeira man o estado do sector en diferentes mercados e “saber das potenciais oportunidades para as empresas galegas”. Ao mesmo tempo, esta colaboración “permite establecer novas liñas estratéxicas para desenvolver futuros proxectos que aumenten a capacidade competitiva do noso ecosistema”.

O sector biotech en Galicia

En Galicia desenvolven a súa actividade 150 compañías biotecnolóxicas, representadas a través de Bioga, que conxuntamente rexistran unha facturación anual de máis de 900 millóns de euros. Ademais, asumen cada ano un investimento en Innovación e Desenvolvemento (I+D) superior aos 100 millóns de euros e xeran catro mil empregos.

A Administración autonómica mantén unha aposta pola biotecnoloxía como panca de progreso económico, social e tecnolóxico, a través da Estratexia de Consolidación do Sector Biotecnolóxico de Galicia 2021-2025, como elemento de vertebración e organización do ecosistema biotecnolóxico en torno ao tecido produtivo.

Fonte: Economía en Galicia