Economía e Industria concederá tres millóns de euros en axudas para mellorar a competitividade dos centros tecnolóxicos galegos

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A Consellería de Economía e Industria convocou axudas por preto de tres millóns de euros para mellorar a competitividade dos centros tecnolóxicos galegos.
 
Segundo apunta o departamento que dirixe Javier Guerra nun comunicado, o prazo para solicitar estas axudas finaliza o 24 de marzo. Estas subvencións serán obxecto de anticipos do 50% para optimizar a eficacia dos investimentos públicos en I+D+i, o que permitirá ter aos beneficiarios unha parte importante das axudas dende a resolución.
 
As axudas corresponden ao Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2012-2015 (I2C) e están destinadas á consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos.
 
Poderán alcanzar os 600.000 euros por solicitante no caso dos centros consolidados e 100.000 nos restantes e para a súa concesión teranse en conta os resultados contrastables da actividade investigadora.
 
(Fonte: Galiciaé)