Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Tecnópole deséxavos un feliz día de Nadal

O equipo de Parque Tecnolóxico de Galicia deséxavos un feliz día de Nadal en compañía dos vosos. Agradecémosvos que sigades formando parte da comunidade Tecnópole e despedímonos ata 2019, que xa está á volta da esquina. Oxalá entredes no Ano Novo con moi bo pé, con moitas novas ideas e, sobre todo, con saúde para levalas a cabo.

Iforest leva o accésit do II Premio Cámara de Comercio ao Proxecto Innovador Forestal

Os emprendedores do proxecto Iforest, instalados en Tecnópole, recolleron hai uns días en Pontevedra o accésit do II Premio Cámara de Comercio ao Proxecto Innovador Forestal. Rodrigo Bravo e José M. Domínguez viron recoñecida así á súa iniciativa de poñer en marcha unha plataforma dixital para empresas e profesionais do sector forestal-madeira.

Coinscrap alíase con EVO Banco para axudar aos seus clientes a aforrar mentres gastan

A fintech Coinscrap, fundada en 2017 pola empresa de Tecnópole TxStockData, pechou un acordo con EVO Banco para ofrecer aos seus clientes un novo servizo que redondea as súas compras, cargos por recibos ou transferencias bancarias e converte a diferenza en aforro. O obxectivo de EVO Banco é incorporar á súa banca móbil un peto dixital amigable, eficaz e automatizado para que os seus clientes poidan alcanzar metas a curto ou longo prazo, dende a compra dun capricho ata diñeiro para a xubilación.

Unha maior dixitalización empresarial dispararía un 5% o PIB e crearía un millón de empregos anuais en España

A economía española podería aumentar en máis de tres puntos porcentuais a taxa de crecemento do 2,7% esperada para este ano, ata o 5%, se as empresas conseguisen adaptarse á transformación dixital, ao mesmo tempo que a creación de emprego pasaría das 500.000 persoas que agora se incorporasen ao traballo anualmente ao millón de novos postos de traballo cada ano.

Tecnoloxía e restauración (e viceversa): por que triunfan modelos como o de El Tenedor ou Deliveroo

"A dixitalización está a cambiar a restauración e a gastronomía en todos os seus procesos, tanto internos como de cara aos clientes". É unha das principais conclusións extraídas do 'Estudo Dixitalización Sector Restauración. Percepcións e actitudes ante a transformación dixital. Axenda de Innovación e Investimento 2018', elaborado polo Basque Culinary Center e TechFood Consult, nun contexto en que a economía colaborativa, da man da tecnoloxía, está en pleno auxe en España, tamén no ámbito da restauración.

Primeira ferramenta online para calcular a eficiencia enerxética das vivendas

Alcanzar a eficiencia enerxética dunha casa obtendo a maior rendibilidade económica. Este é o obxecto da ferramenta on line RentalCal deseñada pola Universidade de Alacante (UA) xunto a expertos de oito países europeos. Trátase do primeiro instrumento, aberto a toda a poboación, deseñado para calcular incentivos e custos que implican as obras de renovación en vivendas orientadas a aumentar a eficiencia enerxética.

Unhas pinzas acústicas fan levitar varios obxectos á vez coa forza do son

A levitación acústica de múltiples obxectos e de forma independente xa é posible grazas ás pinzas acústicas holográficas desenvolvidas polo investigador Asier Marzo da Universidade Pública de Navarra e o profesor Bruce Drink da Universidade de Bristol (Reino Unido).

Os autores poden mover partículas de ata 25 milímetros mediante ondas ultrasónicas producidas por dous conxuntos de 256 emisores de son (de 1 cm de diámetro cada un), cos que logran manipulalas de forma individual, simultánea e en tres dimensións. Os detalles destas pinzas acústicas publícanos na revista PNAS.

Un novo impulso europeo á mobilidade baseada no hidróxeno

Que debería asentarse antes, ¿o coche ou a estación de servizo? Varios socios dedicados á mobilidade baseada no hidróxeno propóñense abordar ambas as dúas frontes ao mesmo tempo.

Sen po nin sucidade: a solución da nanotecnoloxía para os sistemas fotovoltaicos

Os sistemas fotovoltaicos, capaces de extraer enerxía limpa e sustentable da luz solar, acumulan sucidade e partículas de po, auga e area. Este fenómeno supón unha redución da enerxía lumínica que chega ás celas fotovoltaicas e, segundo algúns estudos, diminúe a produción de enerxía ata un 50%. Polo tanto, é esencial que estas celas se manteñan limpas. Non obstante, o proceso rutineiro de limpeza e mantemento pode ter un custo bastante alto e supoñer un gasto de auga innecesario.

Un dispositivo portátil para controlar rapidamente a calidade dos alimentos

As enfermidades alimentarias son un problema de saúde pública en todo o mundo. Cada ano preto de 600 millóns de persoas (unha de cada dez) enferman e 420.000 morren por inxerir alimentos contaminados, segundo estatísticas da Organización Mundial da Saúde. O proxecto financiado con fondos europeos Freshdetect traballa no desenvolvemento dunha ferramenta portátil capaz de determinar a calidade microbiolóxica de produtos cárnicos coa que reducir a devandita morbilidade e mortalidade.

O 6,5% das estudantes que participaron en Ciencia e Tecnoloxía en Feminino cambian de opinión e deciden apostar polas STEM

A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) e a súa iniciativa Ciencia e Tecnoloxía en Feminino, na que Tecnópole participou activamente, déronse cita no maior evento de talento feminino en ciencia e tecnoloxía para promover as vocacións STEM e aproximar o labor dos parques aos máis novos.

Este grande evento bautizado como Talent Woman foi organizado por primeira vez en España, concretamente na cidade de Málaga, da man de FYCMA (Pazo de Feiras e Congresos de Málaga) e Talent Network, e conseguiu reunir máis de 6000 asistentes.

Tecnópole colabora coa Asociación Xuvenil Amencer de Ourense coa Operación Quilo antes do Nadal

Ata o próximo venres 21, na recepción do edificio CEI de Tecnópole, estará a disposición de todas as persoas que queiran colaborar un colector para depositar alimentos ou xoguetes, que posteriormente serán distribuídos pola Asociación Xuvenil Amencer de Ourense entre familias desfavorecidas.

Tecnópole colabora así un ano máis coa Operación Quilo que a asociación promove para que ningunha familia quede sen celebrar o Nadal nin ningún neno ou nena quede sen xoguetes.

(Fonte: Tecnópole)

Páxinas