Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Unhas pinzas acústicas fan levitar varios obxectos á vez coa forza do son

A levitación acústica de múltiples obxectos e de forma independente xa é posible grazas ás pinzas acústicas holográficas desenvolvidas polo investigador Asier Marzo da Universidade Pública de Navarra e o profesor Bruce Drink da Universidade de Bristol (Reino Unido).

Os autores poden mover partículas de ata 25 milímetros mediante ondas ultrasónicas producidas por dous conxuntos de 256 emisores de son (de 1 cm de diámetro cada un), cos que logran manipulalas de forma individual, simultánea e en tres dimensións. Os detalles destas pinzas acústicas publícanos na revista PNAS.

Un novo impulso europeo á mobilidade baseada no hidróxeno

Que debería asentarse antes, ¿o coche ou a estación de servizo? Varios socios dedicados á mobilidade baseada no hidróxeno propóñense abordar ambas as dúas frontes ao mesmo tempo.

Sen po nin sucidade: a solución da nanotecnoloxía para os sistemas fotovoltaicos

Os sistemas fotovoltaicos, capaces de extraer enerxía limpa e sustentable da luz solar, acumulan sucidade e partículas de po, auga e area. Este fenómeno supón unha redución da enerxía lumínica que chega ás celas fotovoltaicas e, segundo algúns estudos, diminúe a produción de enerxía ata un 50%. Polo tanto, é esencial que estas celas se manteñan limpas. Non obstante, o proceso rutineiro de limpeza e mantemento pode ter un custo bastante alto e supoñer un gasto de auga innecesario.

Un dispositivo portátil para controlar rapidamente a calidade dos alimentos

As enfermidades alimentarias son un problema de saúde pública en todo o mundo. Cada ano preto de 600 millóns de persoas (unha de cada dez) enferman e 420.000 morren por inxerir alimentos contaminados, segundo estatísticas da Organización Mundial da Saúde. O proxecto financiado con fondos europeos Freshdetect traballa no desenvolvemento dunha ferramenta portátil capaz de determinar a calidade microbiolóxica de produtos cárnicos coa que reducir a devandita morbilidade e mortalidade.

O 6,5% das estudantes que participaron en Ciencia e Tecnoloxía en Feminino cambian de opinión e deciden apostar polas STEM

A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) e a súa iniciativa Ciencia e Tecnoloxía en Feminino, na que Tecnópole participou activamente, déronse cita no maior evento de talento feminino en ciencia e tecnoloxía para promover as vocacións STEM e aproximar o labor dos parques aos máis novos.

Este grande evento bautizado como Talent Woman foi organizado por primeira vez en España, concretamente na cidade de Málaga, da man de FYCMA (Pazo de Feiras e Congresos de Málaga) e Talent Network, e conseguiu reunir máis de 6000 asistentes.

Tecnópole colabora coa Asociación Xuvenil Amencer de Ourense coa Operación Quilo antes do Nadal

Ata o próximo venres 21, na recepción do edificio CEI de Tecnópole, estará a disposición de todas as persoas que queiran colaborar un colector para depositar alimentos ou xoguetes, que posteriormente serán distribuídos pola Asociación Xuvenil Amencer de Ourense entre familias desfavorecidas.

Tecnópole colabora así un ano máis coa Operación Quilo que a asociación promove para que ningunha familia quede sen celebrar o Nadal nin ningún neno ou nena quede sen xoguetes.

(Fonte: Tecnópole)

Coren desenvolverá un plan de investimentos en 2019 cun investimento de 26 millóns de euros

O grupo Coren presentou hai uns días un ambicioso plan de investimentos estratéxicos para 2019 que se substancia en dous polos de actuación: unha inxección de 26 millóns en varios proxectos, e a creación de 325 postos de traballos estables en Ourense.

APTE fomentará o coñecemento das tecnoloxías disruptivas entre os traballadores dos parques científicos e tecnolóxicos

A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) porá en funcionamento proximamente unha plataforma de formación online mediante a que fomentará o coñecemento das tecnoloxías disruptivas no ámbito dos parques científicos e tecnolóxicos españois, é dicir, entre as súas 8000 empresas e 169.000 traballadores, coa finalidade de elevar a competitividade, profesionalidade e, en definitiva, o talento dixital destes profesionais.

O CTAG refórzase cun laboratorio de baterías para coches eléctricos e híbridos

A irrupción do coche eléctrico parece -agora si- imparable e a industria viguesa do motor quere seguir en vangarda tras a profunda transformación que se aveciña. Para conseguilo, innovar sobre as baterías de ión-litio que alimentan este tipo de vehículos resultará vital. É por iso que o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), o cerebro do sector, está a construír un novo laboratorio de ensaios para baterías no que se investirán máis de 2 millóns de euros, segundo puido saber este xornal.

Convócase a edición 2019 do Premio da Unión Europea ás Mulleres Innovadoras

Xa está aberta a convocatoria ao Premio para Mulleres Innovadoras 2019, que recoñece os logros profesionais e a achega creativa das emprendedoras europeas. Trátase dun premio en efectivo que se outorga cada ano ás mulleres europeas que fundaron unha empresa exitosa e levaron unha innovación ao mercado.

O premio outorgarase a un máximo de catro mulleres innovadoras en total, que tiveran o maior impacto no ecosistema de innovación ao transformar ideas en produtos e servizos novos e avanzados para o beneficio dos cidadáns europeos.

Xiaomi e Ikea alíanse para crear "fogares intelixentes"

A empresa chinesa fabricante de teléfonos e tecnoloxía Xiaomi anunciou unha nova alianza coa cadea sueca Ikea para ofrecer produtos que permitan crear "fogares intelixentes"

Dende decembro, os produtos de iluminación intelixente de Ikea conectaranse á plataforma de intelixencia de Xiaomi para que os clientes poidan controlalos co asistente de voz dende unha aplicación móbil, informan hoxe os medios locais.

Airbus presenta ao mundo da aeronáutica a tecnoloxía innovadora de Drage & Mate para propulsar aeronaves con hidróxeno limpo

A tecnoloxía METALIQ de Drage & Mate International (D&M), para a súa aplicación na propulsión eléctrica de aeronaves, foi dada a coñecer por Airbus no simposio internacional sobre "Propulsión e tecnoloxía Aeroespacial Eléctrica e Híbrida" que se celebrou recentemente na cidade alemá de Colonia. O evento está considerado como o encontro internacional líder en tratamento da tecnoloxía de aeronaves de emisións ultra baixas e as posibilidades de voo completamente eléctricas

Páxinas