Dúas de cada tres empresas investiron en recursos dixitais nos últimos dous anos

Mensaxe de aviso

Automatic fallback to the cURL connection method kicked in to handle the request. Result code from the failing request: 503

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Dúas de cada tres empresas afirman que investiu en recursos dixitais nos últimos dous anos. A porcentaxe sobe ata o 82% nas empresas de máis de 100 empregados. O sector que afirma facer maior esforzo de investimento é hostalería, cun 86% fronte ao 46% noutros como agricultura ou minería. Así se recolle no Estudo sobre o estado de dixitalización das empresas e Administracións Públicas españolas elaborado polo Observatorio Vodafone da Empresa.

O estudo, que ten como obxectivo principal coñecer a realidade dixital dos profesionais, empresas e institucións españolas, reflicte a forte concienciación da importancia da dixitalización entre as Administracións Públicas. En canto ás empresas de menor tamaño, o progreso na dixitalización presenta claroscuros: unha porcentaxe elevada destas compañías considera que o seu grao de dixitalización é intermedio ou avanzado e declaran que investiron en solucións TIC nos últimos dous anos.

Non obstante, os proxectos abórdanse a medida que xorden necesidades concretas. Esta conclusión baséase no reducido número de empresas que teñen un plan para abordar a dixitalización e polo feito de que non todas o dotaron presupostariamente, asegura o informe.

Ademais, as empresas con menos de 500 empregados están a dar unha baixa prioridade á incorporación de tecnoloxías que poden ser críticas para a súa competitividade futura, como servizos na nube ou Big Data. Os principais freos á dixitalización, segundo recolle o informe son o custo dos proxectos, a falta de persoal cualificado e o descoñecemento das tecnoloxías.

Independentemente do tamaño da compañía, o estudo desprende que a porcentaxe de empresas e profesionais españolas que cren estar nun nivel "intermedio" ou "avanzado" de dixitalización está por enriba do 79% e un 6% declara ter ambiciosos plans de dixitalización para os próximos dous anos.

O informe concluíu que as organizacións españolas non están a abordar o cambio dixital dunha forma planificada, senón que dan resposta ás necesidades concretas segundo van xurdindo.

Falta de preocupación

A dixitalización é unha preocupación para o 2% da maioría das empresas españolas. Non obstante, esta porcentaxe aumenta conforme aumenta o tamaño da empresa. Así, en entidades de máis de 100 empregados, a porcentaxe elévase ata o 12%. Este dato mantense igual independentemente do sector de actividade, aínda que nalgúns como a agricultura ou transporte a preocupación é case inexistente.

A dixitalización non é unha das variables que máis preocupa ás empresas. Ningunha delas establece a dixitalización entre as cinco principais preocupacións. É máis, por diante atópase, segundo o estudo, a fiscalidade e impostos, a rendibilidade, a situación económica, os custos laborais, a competencia, a evolución do mercado e a demanda de produtos e servizos, entre outros.

Ademais, só o 14% das pequenas empresas e profesionais afirma ter un plan para a súa dixitalización. Nas empresas máis grandes, con máis de 100 traballadores, esta cifra aumenta ata o 46%.

A maior prioridade das empresas cando se enfrontan á dixitalización pasa por o "redeseño dos procesos internos" que as axuden a ser máis eficaces na xestión e máis rendibles. O segundo tema máis importante para as empresas é, segundo o estudo, o redeseño de proxectos cara a clientes.

Investir en seguridade e conectividade

Por outro lado, as empresas españolas destinan o investimento prioritario á seguridade e á conectividade. Este dato contrástase coa baixa prioridade que dan aos servizos que definirán a competitividade futura das empresas como as análises de datos ou as ferramentas de traballo colaborativo.

Non obstante, unha alta porcentaxe de empresas non ven necesario apostar por mellorar o seu posicionamento en buscadores ou pola mercadotecnia dixital. Non obstante, esta necesidade vai aumentando canto máis grande é a empresa.

¿Por que non se dixitalizan as empresas?

O motivo principal que fai que as empresas non se dixitalicen é o elevado custo que leva consigo. Ademais, nos negocios máis pequenos detéctase como barreira o descoñecemento dunha oferta no mercado de servizos orientados a mellorar a dixitalización das empresas. Por outro lado, atopamos o caso das empresas grandes, que o achacan á ausencia de persoal cualificado no seu equipo e mesmo á resistencia ao cambio que se atopa dentro da súa propia organización.

Así, o 82% das empresas estudadas consideran que non dispoñen de especialistas para levar a cabo os cambios que require a dixitalización. Esta porcentaxe redúcese ao 69% nas empresas que teñen menos de cen traballadores e ao 42% entre as compañías de máis de cen empregados.

Debido a isto, o 70% das empresas afirma que necesitará axuda externa para levar a cabo a dixitalización da súa entidade. As empresas de telecomunicacións aparecen sempre como un dos principais provedores para ese camiño.

(Fonte: Expansión)