Europa dispón de diferentes fórmulas para financiar a ciencia a través do Consello Europeo de Investigación. Un dos programas é o chamado Proof of Concept ou Proba de Concepto, que apoia economicamente a proxectos que explotan as oportunidades comerciais e o desenvolvemento de aplicacións prácticas dos seus traballos.
A Covid-19 matou a 1.800.000 persoas en todo o mundo desde que xurdiu hai pouco máis dun ano. Pero existen outras enfermidades infecciosas igual ou máis mortíferas ás que o novo coronavirus ensombreceu por completo, a pesar de que seguen cobrándose a súa débeda diaria de mortes. É o caso da tuberculose, responsable da perda de 1,4 millóns de vidas ao ano e sen que, a diferenza do que agora ocorre co SARS-CoV-2, exista unha vacina realmente eficaz.
A aeronáutica é un dos sectores que máis sufriu o impacto da pandemia do coronavirus, con todo varias empresas da área de Vigo impulsan proxectos innovadores neste terreo como Saqqarah ou CIES Solar, dúas iniciativas que participan na terceira edición da BFAero, a aceleradora da Xunta para o sector.
A acción de medicina xenómica, unha das tres nas que se baseará o plan estatal de medicina personalizada e de precisión, que comezará este ano, dirixiraa desde Santiago o xenetista Ángel Carracedo, director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (do Sergas) e director do grupo de Xenómica e Bioinformática do Centro de Investigación en Medicina da USC.
Greenalia continúa co seu proceso de crecemento e prepara xa unha actualización do seu plan estratéxico para tratar de alcanzar os 2 GW de renovables construídos de aquí aos próximos cinco anos. A empresa conseguiu a admisión a trámite de todos os proxectos con acceso a rede, un total de 1.830 MW. Estas actuacións distribúense en 1.170 MW de eólica terrestre e 660 MW de fotovoltaica.
Galicia reduciu a brecha de xénero na utilización de internet a un escaso 0,6 por cento, o que na práctica supón case a súa eliminación. Así o permite constatar un informe específico difundido polo Observatorio da Sociedade da Información e Modernización de Galicia, publicitado pola Xunta, que recolle como nos últimos tres anos, desde 2016 a 2019, esa brecha de uso entre homes e mulleres se recortou nun 80 por cento, de xeito que o uso da rede polas mulleres galegas “alcanza” a media rexistrada na Unión Europea.
O Parque Tecnolóxico de Galicia e a Consellería de Economía, Empresa e Innovación -a través da Axencia Galega de Innovación, Gain- puxeron en marcha o pasado mes de xuño o programa Connect-19, unha aceleradora de pemes innovadoras especializada na comercialización de solucións para a loita contra o impacto da COVID-19.
O Colegio de Ingenieros Técnicos de Obras Públicas de Madrid (CITOP) e Aerocámaras asinaron un convenio de colaboración polo cal os enxeñeiros colexiados e os seus familiares poderán gozar dun desconto especial no Curso oficial de piloto profesional de drons e no resto de formacións que ofrece a empresa situada no Parque Tecnolóxico de Galicia.
Acaba de constituírse como empresa FlowReserve, unha spin-off da Universidade de Santiago e da Fundación IDIS (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago) que ofrece solucións de medicamento personalizado en Cardioloxía ao proporcionar indicadores de diagnóstico cardiolóxico por métodos non invasivos obtidos mediante reconstrución de imaxes do TAC e aplicación de modelos de dinámica de fluxo.
Unha intervención non invasiva, aplicada nunha zona do cerebro de apenas 3,5 milímetros, que dura só media hora e na que o paciente pode ir á casa de alta ao día seguinte, estrearase co 2021 no Hospital Clínico Universitario de Santiago para enfermos que sufran tremores, moitos deles novos. O xefe de Neuroloxía do CHUS, o doutor José María Prieto, subliña que se converterán no primeiro servizo público de España en contar co novo sistema HIFU, indicado principalmente en párkinson, aínda que con grandes expectativas fronte a outras enfermidades.
As grandes industrias galegas acabaron o ano pagando máis do dobre pola súa factura da luz que os seus competidores alemáns e franceses. Isto fai que a Asociación de Empresas con Gran Consumo de Enerxía (AEGE), á que pertencen Alcoa ou Ferroatlántica, se amosase moi crítica co novo estatuto para a industria electrointensiva, que xulgan “insuficiente” para alcanzar a converxencia de prezos con Europa. Todo o contrario do que di o Ministerio de Industria, que está convencido de que a partir de agora o custo da luz para estas grandes empresas deixará de ser tan elevado.
O Goberno galego aprobou, a través do Comité de fabricación de equipamento sanitario e de material para a protección dos traballadores fronte á Covid-19, 63 proxectos de pemes galegas que van mobilizar 12,6 millóns de euros. Coas iniciativas apoiadas ao amparo dos programas Inviste Covid e os apoios para a reorganización produtiva das pemes galegas, Galicia está a cubrir as necesidades máis urxentes de material de prevención e seguridade.