Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Un equipo europeo inicia un proxecto sobre fármacos sustentables

Acaba de poñerse en marcha a maior colaboración público-privada de Europa dedicada ao desenvolvemento e a produción de fármacos sustentables. Dirixido pola Universidade de Mánchester (Reino Unido) e GlaxoSmithKline, unha das empresas farmacéuticas máis importantes do mundo, o proxecto CHEM21 recibiu máis de 26 millóns de euros, en parte achegados pola Unión Europea.

Os ordenadores terán os sentidos humanos en cinco anos

Os ordenadores de hoxe en día permiten realizar moitas cousas, dende examinar o clima nun país remoto en cuestión de segundos ata comprar o café da mañá. Pero IBM atrévese a predicir que pronto estas máquinas serán capaces de ulir, probar, ver, tocar e oír.

Tecnópole deséxavos Feliz Nadal e anímavos a ser solidarios cos máis desfavorecidos

O equipo da sociedade xestora de Parque Tecnolóxico de Galicia deséxavos Feliz Nadal e un estupendo inicio de 2013. Ademais, anímavos a ser solidarios participando na Operación Quilo, na que Tecnópole é entidade colaboradora.

Gaélica Solar celebra un acto de portas abertas que inclúe unha sesión informativa sobre a instalación de enerxía xeotérmica

O próximo venres 21 de decembro ás 19 horas Gaélica Solar, empresa de servizos enerxéticos renovables situada en Tecnópole, celebra un acto de portas abertas de asistencia libre logo da inscrición. Durante o evento, terá lugar unha sesión informativa sobre a instalación de sistemas de enerxía xeotérmica.

Aimen coordina un consorcio europeo para o desenvolvemento dun sistema innovador de reparación por láser

O centro tecnolóxico Aimen será o encargado de coordinar o consorcio europeo que desenvolve o proxecto de investigación ALAS que ten por obxectivo crear un innovador concepto de cabezal láser coa capacidade de adaptarse automaticamente ás características xeométricas das pezas, o que permite garantir a integridade da reparación abaratando os custos da devandita operación, incrementando a produtividade e facéndoa máis competitiva.

Seis millóns para impulsar as tecnolóxicas no exterior

O ministro de Industria, Enerxía e Turismo, José Manuel Soria, e o secretario de Estado de Comercio, Jaime García-Legaz, asinaron un acordo para impulsar a internacionalización da industria con alto contido tecnolóxico que contará cun presuposto de seis millóns de euros.

A I+D europea mantense forte a escala mundial

Os europeos estiveron á fronte da investigación e o desenvolvemento (I+D) durante moitos anos e, a pesar da actual crise financeira e económica mundial, seguen estándoo un ano máis tal e como se indica no Cadro de indicadores dos investimentos das empresas da UE en I+D (EU Industrial R&D Investment Scoreboard) de 2012.

Santander e Telefónica, entre as empresas da UE que máis invisten en I+D

Banco Santander e Telefónica sitúanse entre as 50 compañías da Unión Europea (UE) que máis invisten en investigación e desenvolvemento (I+D), segundo o ranking publicado pola Comisión Europea. Santander dedicou o ano pasado 1420 millóns de euros a I+D (un 6,1% máis que en 2010, o que sitúa no posto 27) e supera a Telefónica (que destinou un total de 1089 millóns, un 20% máis co que se coloca no posto 30).

Crean tecidos 'intelixentes' que administran medicamentos

Tecidos 'intelixentes' capaces de liberar fármacos no lugar e o momento axeitados, medir o pH e o osíxeno da auga de forma simultánea ou acurtar e abaratar procesos industriais mediante a aplicación da nanotecnoloxía é o ámbito no que se move dende hai algo máis dun ano nanoMyP, unha 'spin off' da Universidade de Granada xurdida a raíz dos avances conseguidos no campo da nanotecnoloxía e o desenvolvemento de sensores polo grupo de Investigación Control Analítico Ambiental, Bioquímico e Alimentario da institución académica granadina.

Biosimilares, os xenéricos máis complexos

Os medicamentos biolóxicos supuxeron un avance importante no tratamento dalgunhas enfermidades e, unha vez expira a súa patente, xorden novas versións xenéricas destes, con aforros de ata o 40% sobre o orixinal. Segundo algúns estudos, as principais economías da UE poderían aforrar en fármacos 12.000 millóns no escenario máis pesimista posible e 33.500 no máis favorable.

España, noveno posto mundial en transición a un modelo enerxético sustentable

España sitúase no noveno posto mundial na transición a un modelo enerxético sustentable, segundo sinala o Informe 2013 do Índice de Comportamento da Arquitectura Enerxética Global, publicado polo Foro Económico Mundial (FEM).

Só, incomprendido e pesimista: o retrato robot do emprendedor español

O emprendedor español séntese só e incomprendido. Ese é o debuxo que reflicte, polo menos, o Observatorio do Clima Emprendedor de 2012, un estudo co que A Fundación Iniciador e SAGE avalían anualmente o ecosistema emprendedor no noso país.

Páxinas