Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Hispamoldes inaugurará en abril a súa segunda fábrica en Marrocos

O grupo galego Hispamoldes, con sede central en Tecnópole e especializado no deseño e fabricación de moldes para pezas exteriores e interiores do automóbil, inaugurará en abril a súa segunda factoría en Marrocos, segundo confirmou a empresa. A nova fábrica ocupará 1200 metros cadrados na Zona Franca de Tánxer, empregará 40 persoas no seu primeiro ano e dedicarase ao mantemento de moldes e ferramentas, así como á súa construción.

Redegal abre unha nova oficina en Vigo

A empresa Redegal, con sede central en Tecnópole, acaba de abrir unha nova oficina en Vigo. Segundo os seus responsables, trátase dun paso estratéxico para crear sinerxías, afianzar relacións e atopar novos nichos de mercado onde ofrecer os seus servizos de tecnoloxía, baseados dende a súa orixe na innovación e orientados, na actualidade, ao desenvolvemento de solucións de comercio electrónico e aplicacións móbiles.

A Xunta apura a empresas e centros de I+D para non perder 200 millóns da UE

A UE concedeu a Galicia, como rexión obxectivo un e pola necesidade de converxer nos seus indicadores de I+D, 360 millóns de euros do seu fondo tecnolóxico para que empresas e entidades públicas da comunidade autónoma os empregasen en innovar entre 2007 e 2013.

A galega Galchimia será a primeira química española en cotizar na bolsa alternativa

En xuño, a empresa galega Galchimia será a primeira do sector químico español en dar o salto ao Mercado Alternativo Bolsista (MAB), un segmento da bolsa que facilita que as pequenas e medianas empresas negocien as súas accións e se dean a coñecer.

O picosatélite galego 'Xatcobeo' comeza a emitir dende o espazo

O picosatélite galego 'Xatcobeo' comezou o pasado luns a emitir información dende o espazo, apenas unhas horas despois da súa posta en órbita tras despegar dende a Guayana Francesa a bordo do satélite 'Vega', da Axencia Espacial Europea.

Presentada a primeira empresa galega que monta e distribúe coches 100% eléctricos

A primeira empresa galega que monta e comercializa vehículos 100% eléctricos, Little, presentouse de forma oficial este luns en Mos (Pontevedra) e os seus responsables avanzaron que, coas previsións "máis pesimistas", esperan chegar aos 70 empregados en 2015 -agora traballan 5 persoas- e aos 15 millóns de euros de facturación.

O Goberno anuncia beneficios fiscais a emprendedores innovadores

O Goberno "dará un mellor trato fiscal e cotas distintas da Seguridade Social" aos emprendedores innovadores mediante a creación dun Estatuto Novo Empresa Innovadora, á vez que aumentará a "compra pública" de tecnoloxía innovadora, potenciará a presenza do capital risco ou buscará fórmulas para promover tarefas de mecenado.

Un proxecto de I+D pretende crear envases biodegradables con residuos de pan

O Centro Tecnolóxico de Cereais de Palencia participa nun proxecto europeo de I+D+i que, baixo o nome de BREAD4PLA, pretende desenvolver envases de plástico biodegradables elaborados a partir de residuos da industria da panadería e a bolería.

Chegan os 'robots morcego': o futuro en micro-vehículos aéreos

Investigadores da Universidade Politécnica de Madrid (UPM) desenvolveron BaTboT, o primeiro prototipo de robot aéreo inspirado na forma e o voo dos morcegos. A pequena nave, que cambia a morfoloxía das súas ás en pleno voo, podería ser a base para o desenvolvemento dunha nova xeración de micro vehículos aéreos capaces de voar en ámbitos interiores cunha alta manobrabilidade a baixas velocidades.

Os españois, os máis tecnolóxicos

Ninguén pon en dúbida a revolución que supuxo internet en todos os ámbitos. A sociedade española adquiriu novos hábitos de comunicación, información e consumo que cada vez están máis arraigados coa aparición de novos formatos como os smartphones e as tablets.

A súa próxima receita médica, unha aplicación para o móbil

Cando tiña dous anos e medio, Darío era un silencio absoluto, hiperactivo e cun considerable déficit de atención. Era un caso de autismo claro, que os seus pais manexaban como podían. Aprenderon a linguaxe de Pecs, baseado en fotografías e pictogramas, para tratar de entender as necesidades do pequeno.

APTE e Tecparques asinan un acordo de colaboración para fomentar as relacións entre os parques españois e portugueses e as súas empresas

A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) e a Associação Portuguesa de Parques de Ciência e Tecnologia (Tecparques) asinaron un convenio de colaboración que permitirá desenvolver un programa de actividades conxuntas entre as dúas asociacións destinadas á promoción dos parques e as empresas adheridas a eles que se sitúan tanto en Portugal coma en España.

Páxinas