Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O bioemprendedor español busca novas vías de financiamento máis alá das subvencións públicas

O sector biotecnolóxico é un dos máis vibrantes da economía española con crecementos espectaculares en creación de empresas e de facturación, aínda en tempos de crise. Non obstante, moitas destas firmas morren en canto se rematan as subvencións públicas da primeira fase. A solución pasa por buscar vías alternativas de financiamento como o capital risco, os créditos mixtos público-privados e a internacionalización.

Crean un robot con capacidade táctil que rescata persoas e manipula explosivos

Investigadores da Universidade de Málaga dotaron un robot de capacidade táctil co obxectivo de poder rescatar persoas, desactivar explosivos ou manexar substancias perigosas.

Tecnoloxía punta de embalaxe para o sector cárnico

O grupo español RGD Mape está especializado no desenvolvemento de maquinaria industrial de packaging. Agora achega unha nova liña de negocio baseada en tecnoloxía punta de embalaxe destinada ao sector cárnico.

Construtoras e tecnolóxicas reinventan as infraestruturas

Modelos dinámicos de peaxe nas autoestradas; aplicacións para espremer o potencial comercial nos aeroportos; servizos urbanos adaptados á demanda puntual dos cidadáns; redes de abastecemento eléctrico para o automóbil do futuro... Os grupos españois de construción e infraestruturas estanse a reinventar para cumprir con todo este ramallete de oportunidades, avaladas pola Axenda Dixital Europea, tras verse afectado polos duros recortes na obra civil aplicados ultimamente polas Administracións, especialmente a nivel local. É máis, os propios pregos de condicións en moitos dos concursos aos que acoden esixen xa que estean en vangarda na aplicación de sistemas intelixentes.

Unha empresa española crea un servizo on line para conectar pacientes e médicos dende un móbil ou portátil

A empresa española Wellness Telecom deseña unha plataforma web de seguimento de saúde baseado en intelixencia artificial, o que permite unha relación continuada entre os profesionais sanitarios e os enfermos.

Móbiles que se cargan con luz solar

As pantallas dos teléfonos móbiles fanse máis grandes cada ano. Agora, as que incorporan tecnoloxía OLED poderían empregar esa gran superficie para aloxar un sistema de xeración de enerxía eléctrica a partir da luz que recibe.

Crean a primeira capa que fai invisible obxectos 3D dende calquera ángulo

Científicos estadounidenses lograron, por primeira vez, crear un material que permite envolver un obxecto tridimensional e facelo invisible dende calquera ángulo, achegando así á realidade un obxecto tantas veces retratado no cinema e no xénero da ciencia ficción.

A Xunta aproba a creación da Axencia Galega de Innovación

A Xunta aprobou na súa última reunión o decreto de creación da Axencia Galega de Innovación (AGI). O novo organismo, adscrito á Consellería de Economía e Industria, encargarase da implementación das políticas de I+D+i da Administración autonómica. Esta entidade comezará a funcionar en dous meses asumindo as competencias da Dirección Xeral de I+D+i, o que inclúe a xestión do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento (i2C).

Economía e Industria formará os emprendedores que participen en Vindeira Capital Network

A Consellería de Economía e Industria achegará formación gratuíta aos emprendedores que participen na próxima edición de Vindeira Capital Network. O evento, orientado á captación de investimentos no ámbito das TIC, presentouse este luns en Santiago e celebrarase no próximo mes de maio.

España ocupa o posto 39 no ranking mundial de innovación

España ocupa o posto número 39 no ranking mundial de innovación recollido no 'Informe Global de Competitividade 20011-2012', elaborado polo Foro Económico Mundial de Davos, unha lista de 142 países liderada por Suíza e Suecia na que a economía española "queda lonxe" dos países máis avanzados da Unión Europea como Finlandia, Alemaña ou Dinamarca, situándose por detrás de Irlanda, Portugal, República Checa ou Hungría.

España remata 2011 como líder mundial de enerxía termosolar

España converteuse no primeiro país de mundo en potencia instalada de enerxía termosolar, con máis de 1.100 MW, algo máis do dobre que Estados Unidos, segundo mercado desta tecnoloxía renovable a escala mundial.

A biotecnoloxía ábrese paso no Sistema Nacional de Saúde

Máis de medio millón de pacientes dos hospitais e centros do Sistema Nacional de Saúde (SNS) recibiron tratamento con fármacos biolóxicos en 2010, uns produtos terapéuticos que lograron mellorar a calidade e a esperanza de vida dos enfermos e reducir o gasto en medicamentos do SNS.

Páxinas