A orixe da vida é á bioloxía o que a orixe do universo á física, dous temas que non nos deixan indiferentes, non importa a nosa dedicación. A crenza educada é que a complexidade biolóxica tivo como orixe común a molécula de ARN. Cando a complexidade pervive é porque existe unha información asociada que lle confire reproducibilidade; como un libro de instrucións para construír un moble a partir de táboas e parafusos, como unha receita culinaria que pasa de pais a fillos nunha folla de caderno.
O consorcio de investigación académica Global Entrepreneurship Monitor (GEM) sobre a actividade emprendedora global presentou en Malaisia un informe que reflicte a influencia negativa da riqueza na actividade emprendedora. Solicitou información de case 200.000 persoas.
Tecnópole aumenta a súa nómina de empresas coa incorporación de sete novas iniciativas de negocio, segundo autorizou o Consello de Administración da entidade na reunión celebrada este martes en Ourense. A reunión estivo presidida por Manuel Varela, vicepresidente do Consello de Administración e director da Axencia Galega de Innovación, en representación da Consellería de Economía e Industria.
As empresas de Tecnópole beneficiaranse das mesmas tarifas reducidas que os membros do Cluster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA) no acceso ás actividades formativas que organice a entidade para todo o ano 2013.
A segunda edición de 'Transfiere', Foro Europeo para a Ciencia, Tecnoloxía e Innovación, terá lugar no Pazo de Feiras e Congresos de Málaga o 13 e 14 de febreiro de 2013.
O novo director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Antonio Varela Rey, asumiu o cargo deste ente autonómico co reto de converter o sector da innovación na "panca" da recuperación económica de Galicia.
O sistema enerxético español podería lograr un aforro en tecnoloxía de preto de 16.500 millóns de euros ata 2030 se aposta pola I+D, segundo un informe do centro de investigación galego Economics for Energy.
O centro tecnolóxico Aimen puxo en marcha o proxecto INNOVA+, orientado a implantar sistemas de xestión de I+D+i en cinco pemes galegas. O obxectivo desta iniciativa, que conta co financiamento do Igape, é dinamizar e consolidar a innovación como mecanismo de mellora competitiva a través da aplicación de ferramentas específicas, tomando en conta os criterios da norma UNE 166002.
A compañía galega Tagtum creou un sistema contra a falsificación de artigos de tamaño reducido como xoias, reloxos, lentes ou estilográficas, que emprega o microchip máis pequeno do mundo para estas funcións, de apenas 3 milímetros, segundo informou o centro investigador en telecomunicacións Gradiant.
As empresas españolas son das que menos colaboran na Unión Europea con outras compañías ou institucións para realizar actividades de I+D, e tamén das que menos cooperan con outros países nese campo, segundo o sétimo informe comunitario de Eurostat sobre a proporción de firmas innovadoras na UE, con datos do período 2008-2010.
Presentouse unha estratexia nova de cooperación internacional en investigación e innovación. A Unión Europea alberga unicamente o 7% da poboación mundial se ben copa o 24% do gasto en investigación, o 32% de publicacións de grande impacto e o 32% das solicitudes de patentes.
Moitas empresas presentes no Consumer Electronic Shows (CES) das Vegas demostraron como os teléfonos intelixentes serven xa para outras moitas cousas que non son falar, como medir a presión sanguínea ou controlar a distancia outros dispositivos como a tele. É a chamada era post smartphones.