Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Un estudo sinala que as empresas utilizan as patentes como ferramenta defensiva

Un novo estudo asegura que as patentes non teñen un impacto favorable sobre a innovación tecnolóxica “e tenden a danar o benestar económico”. O veredicto do xurado do caso “Apple contra Samsung” pode alterar a industria máis innovadora dos últimos anos.

Científicos do CSIC abren o camiño para obter olivas probióticas

Científicos do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) abriron o camiño para obter olivas portadoras de microorganismos vivos probióticos, que achegan beneficios para a saúde se se consomen en cantidades adecuadas.

España acumula o 72% da potencia termosolar mundial

O termosolar é un dos poucos sectores nos que España é indiscutible líder mundial, xa que o conxunto das súas centrais termosolares supoñen o 72,85% de toda a potencia instalada no planeta. Nestes momentos atópanse operativas no país 35 centrais termosolares que totalizan 1581 MW e atópanse en construción 17 centrais cun total de 774 MW.

Presentada unha mochila para desenvolver a internet das cousas

Telefónica, en colaboración con Arduino, presentou no Campus Party de Berlín unha nova versión do proxecto Arduino GSM/GPRS Shield (mochila). O dispositivo incorporaba conexión GPRS/GSM a unha placa base de hardware libre, dando como resultado un dispositivo de baixo custo conectado grazas á tecnoloxía M2M (machine to machine) de Telefónica.

Investigadores do Campus de Ourense aplican as novas tecnoloxías para controlar viñedos galegos

O Grupo de Investigación de Agroinformática para a Viticultura da Universidade de Vigo acaba de desenvolver en colaboración coas adegas Valmiñor un sistema de viticultura de precisión que emprega as novas tecnoloxías, en novas tecnoloxías en beneficio dunha mellor eficiencia económica, garantía de calidade e respecto polo médio ambiente.

O Colexio de Químicos de Galicia convoca o VII Premio Rivas Marqués á Innovación e Divulgación

O Colexio Oficial de Químicos convocou o VII Premio Ignacio Rivas Marqués á Innovación e Divulgación Científico-Técnica no campo da ciencia e a tecnoloxía química en Galicia.

O primeiro software de seguridade multidispositivo é valenciano

A empresa valenciana S2 Grupo será a responsable de coordinar o proxecto europeo 'MUSES', que supón o nacemento do primeiro software de seguridade corporativa multidispositivo. O obxectivo desta nova ferramenta é fomentar a seguridade tecnolóxica das compañías mediante a redución dos riscos introducidos polo comportamento do usuario

O primeiro libro intelixente do mundo

Inquire preséntase como "un prototipo dun libro de texto intelixente que responde ás preguntas dos estudantes". Trátase en realidade dun proxecto de aplicación para iPad que pretende cambiar a forma de ler e estudar.

Crean luces intelixentes que melloran a visibilidade cando se conduce con chuvia

Conducir de noite e con chuvia é máis difícil. O pavimento vólvese escorregadizo e a visibilidade redúcese. Os faros dun coche iluminan o camiño, pero tamén as gotas de auga, que devolven un reflexo cegador. Unha tormenta intensa pode facer que non se vexa nada apenas un par de metros máis alá.

Un 'detective web' permite recuperar o 81% dos enlaces rotos

Para acabar co molesto problema dos links erróneos, un grupo de investigadores da UNED desenvolveu un sinxelo sistema baseado en seguir a pista que este contido deixa na web. Segundo os investigadores, a nova ferramenta permite recuperar ata o 81% dos enlaces obsoletos.

Cinco enerxías do futuro que cambiarán o mundo

O mundo enfróntase nos próximos anos a unha revolución enerxética. Cinco enerxías do futuro poderían rematar coas guerras polos recursos e coa contaminación. É renovarse ou morrer.

Os alimentos do futuro

"Cando eu era pequeno, a comida era comida". ¿Cantos de nós oímos aos nosos pais ou avós falar da autenticidade dos produtos que consumían anos atrás? Seguramente a gran maioría. O certo é que en parte teñen razón, pois foi hai 70 anos cando os produtos químicos se comezaron a introducir na industria alimentaria.

Páxinas