Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A Asociación de Xestores de Innovación de Galicia preséntase en Santiago

A Asociación de Xestores de Innovación de Galicia (AXIGA) presentouse publicamente a semana pasada en Santiago tras dous anos de actividade. A orixe deste colectivo profesional atópase na Rede de Xestores de Innovación de Galicia (XIGA), que impartiu o seu curso de training en 2009 en Tecnópole.

O 80% dos españois ve necesario manter ou incrementar o investimento en I+D+i

Un 88,6% dos españois cre que a ciencia achega vantaxes para mellorar a calidade de vida da sociedade e un 87,1% opina que contribúe ao desenvolvemento económico, segundo a última enquisa de Percepción Social da Ciencia e a Tecnoloxía da Fundación Española para a Ciencia e Tecnoloxía. A enquisa destaca así mesmo que máis dun 80% apoia que as administracións públicas incrementen ou manteñan o investimento en ciencia e tecnoloxía.

O Ministerio de Economía e Competitividade lanza un plan público-privado de apoio a pemes innovadoras, dotado con 234,5 millóns de euros

O Ministerio de Economía e Competitividade presentou o programa Innvierte para fomentar a colaboración público-privada no apoio financeiro ás pemes innovadoras, que mobilizou compromisos de investimento por uns 234,5 millóns de euros.

Zyncro, a 'startup' española que triunfa no mercado europeo

A asociación EuroCloud considera a compañía Zyncro como mellor startup europea do ano, entre un total de 200 compañías, na última edición dos premios EuroCloud Awards 2012.

Tecnoloxía española para lexitimar persoas e contidos na rede

A empresa española Adverados desenvolveu unha tecnoloxía capaz de autenticar e certificar, con validez legal, calquera persoa e calquera tipo de contido ou arquivo que se transmita a través de internet, ben fronte a unha comunidade ou fronte a persoas físicas ou xurídicas.

A UNED lanza unha plataforma 'online' coa colaboración do MIT

Inventar aplicacións para teléfonos móbiles está case ao alcance de calquera. Google lanzou a finais de 2010 unha plataforma para crealas dentro do seu sistema operativo, Android. Aquel programa, App Inventor, forma parte do currículo do Massachusetts Institute of Technology (MIT) e converterase nunhas semanas no primeiro curso gratuíto que ofrece a Universidade Nacional de Educación a distancia (UNED) a través de Internet.

O adeus ao cargador do móbil, cada vez máis preto

Un grupo de investigadores do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts logrou desenvolver unha tecnoloxía que permite, grazas á luz solar e tamén á luz artificial, a recarga automática e autonomía de teléfonos móbiles, lectores de libros electrónicos e outros dispositivos de pantalla plana.

Un grupo de científicos españois desenvolve unha lámpada que permite aforrar un 80%

Un grupo de investigadores españois, cos que colabora a Universidade Politécnica de Valencia (UPV), desenvolveu unha nova lámpada de tecnoloxía LED que permite a súa implantación en sistemas de iluminación existentes a un custo moi baixo e conxúgao coa mellor tecnoloxía e a máxima calidade.

Tecnópole súmase ao servizo de información Canle Orama para smartphones

Tecnópole incorporou a ferramenta Canle Orama, desenvolvida pola empresa Contact Comunicación, aos seus protocolos de difusión de eventos. Mediante esta aplicación gratuíta, específica para smartphones, ofrécese ao usuario toda a información relacionada coas actividades ao tempo que se vincula ao seu lugar de celebración.

Tecnópole ofrece ás súas empresas entradas para as Xornadas sobre Automatización Industrial da Universidade de Vigo

Tecnópole, en calidade de entidade colaboradora do evento, ofrece entradas gratuítas ás súas empresas para as V Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial que a Universidade de Vigo celebrará entre o 12 e o 16 de novembro.

A Xunta impulsa accións de I+D por 35 millóns co reto de crear máis de 300 empresas innovadoras

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou a activación de recursos por valor de 35 millóns de euros en innovación, que permitirán crear, nos próximos dous anos, 300 empresas innovadoras e mobilizar un investimento total de 80 millóns de euros.

Juan Verde asegura na conferencia internacional de parques tecnolóxicos que "a innovación aumenta a competitividade e reduce os prezos"

"Ola, moi bos días. Chámome Juan Verde e quero dicirlles que hoxe en día, ser verde non só ten sentido senón que ademais é rendible". Con este habilidoso xogo de palabras apenas tardou o asesor de Barack Obama en España en chamar a atención do auditorio congregado no auditorio de Miñano, uns 200 profesionais chegados a Vitoria dende 80 parques tecnolóxicos e científicos.

Páxinas