Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Aerocámaras expande a súa escola de formación de pilotos a Portugal

A empresa Aerocámaras terá centros en Lisboa, Porto, Coímbra e Faro. Sendo coñecedores dos cambios que implica a nova normativa europea de UAS -vehículos aéreos non tripulados-, busca mercado luso entre as persoas interesadas en converterse en pilotos de drons nun sector en crecemento. A escola, que xa formou a máis de 20.000 pilotos en todo o territorio español, anuncia que a través da web https://cursodedrones.pt os alumnos poderán rexistrarse, recibir a formación e obter os certificados.

Coren adquire 4,7 millóns de quilos de castaña galega para os seus porcos Selecta

O Grupo Coren renovou o convenio de adquisición de castaña galega, alimento que destinarán á cría dos porcos para a súa gama Selecta. Segundo informou a cooperativa ourensá, o acordo de compra para este ano 2021 suporá a obtención de 4.720.000 quilos de castaña, que reverterán 7.080.000 euros ao campo galego. O volume adquirido representa a produción de 160.000 castiñeiros e 2.100 hectáreas de terreo, destaca a compañía.

A madeira galega conquista a un veterano empresario francés

O tesouro que encerran os montes galegos chamou xa hai uns anos a atención dun empresario francés. Yvon Remy (1947), veterano experto na industria madeireira -con experiencia na de lugares como África ou Francia-, puxo os seus ollos sobre a galega Betanzos HB a principios de 2000. «Ese ano veu até aquí para facer unha simple visita. Por aquel entón, Betanzos HB pertencía ao grupo Sonae e xa naquel intre a Remy chamoulle a atención a eficiencia da fábrica», resume José Manuel Vilasuso, director da planta coruñesa.

CTIM participa no deseño das baterías sostibles de Li-ion

Un dos principais retos aos que se enfronta hoxe a industria do automóbil é a súa transición cara a tecnoloxías sustentables. Aínda que as baterías son unha tecnoloxía facilitadora, existen grandes retos tecnolóxicos para cubrir as necesidades actuais e lograr esta transición. Entre eles, maiores rendementos enerxéticos, vida útil e fiabilidade sobresaíntes, maior seguridade e sustentabilidade ambiental. Todo iso, unido a unha produción rendible a grande escala.

Un científico galego crea un material para loitar contra as superbacterias

A civilización actual enfróntase a un curioso paradoxo. En ningún momento da historia houbo tanto coñecemento accesible no campo do medicamento. Pero o mal uso da información conduce á aparición de novas enfermidades que poderían chegar a converterse en verdadeiras epidemias. Un dos principais problemas de saúde global emerxente é a resistencia aos antibióticos. Estímase que en 2050 morrerán uns dez millóns de persoas en todo o planeta como consecuencia da aparición de infeccións intratables xeradas por superbacterias.

Investigadores da USC desenvolven unha vacina “fácil de producir e moi barata”

Investigadores da Universidade de Santiago de Compostela (USC) traballan no desenvolvemento dunha vacina contra a COVID-19 empregando unha tecnoloxía propia, baseada na utilización de microesferas cargadas coas proteínas que interesan en cada caso. “Será moi fácil de producir, moi barata e moi estable”, asegura o biólogo molecular José Martínez Costas, que lidera este proxecto desde o Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQus).

Galicia, un paraíso para a eólica flotante, que terá que compaxinar coa pesca

Os muíños de vento moven as súas aspas até o momento nos mares de 12 países europeos, aínda que só dous deles, o Reino Unido e Alemaña, suman case o 80 % da potencia de eólica mariña instalada no continente. Na lista figura España, pero de forma testemuñal, cun parque experimental (non comercial) en Canarias.

O novo laboratorio de Gradiant desenvolverá a tecnoloxía do 5G para impulsar a pemes galegas

O Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant) puxo en marcha o seu novo laboratorio centrado no desenvolvemento da tecnoloxía 5G. O proxecto, que conta coa colaboración do laboratorio universitario 5G da Universidade de Vigo, será o primeiro centro empresarial deste tipo en Galicia e arrinca cun investimento inicial en I+D+i dun millón de euros, pero o seu obxectivo é captar máis de dez nos vindeiros anos.

A empresa Merasys, apoiada por Connect-19, desenvolve un sistema que controla a temperatura corporal e o uso de máscara en lugares transitados

Merasys nace en 2016 como unha iniciativa empresarial de base tecnolóxica a través do programa de aceleración Business Factory Auto da Xunta de Galicia. Desenvolve tecnoloxías facilitadoras baseadas en machine learning e intelixencia artificial aplicadas a procesos industriais, redes eléctricas intelixentes, cidades smart e sector sanitario. Para iso, combina os principios das redes neuronais con sensores sofisticados, electrónica de vangarda e software de última xeración, creando instalacións de alto rendemento e plataformas tecnolóxicas.

Inplasor recibe un premio europeo á innovación por deseñar unha unidad robotizada

A empresa ourensá Inplasor, vencellada ás auxiliares da automoción, acaba de recibir unha distinción europea á innovación polo deseño dunha unidade robotizada. Trátase, segundo destacan desde a firma asentada no polígono de San Cibrao das Viñas, dunha solución global para a cadea de montaxe, cunha ducia de funcións integradas para múltiples tarefas. O galardón foi concedido nos seus premios de mellores prácticas por parte de EACN, siglas en inglés da Rede Europea do Clúster da Automoción.

Sánchez pon o freo de man á recuperación do automóbil en 2021

O ano 2020 nunca llas prometeu felices para o automóbil. Antes do coronavirus a patronal dos concesionarios, Faconauto, xa estimaba unha caída do 3% nas matriculacións, froito, entre outros factores, da incerteza regulatoria que rodea ao sector e ás dúbidas sobre o porvir dos motores diésel e gasolina. Pero a pandemia multiplicou por dez os malos agoiros. A dous meses de fábricas e concesionarios pechados, logo sumáronse numerosas restricións á mobilidade e ao comercio. O sector espera agora pechar o exercicio con só 840.000 turismos vendidos, entre un 30 e un 35% menos.

A febre das renovables

O compromiso do Goberno de España con Bruxelas de que en 2030 o 74 % da electricidade producida no noso país proceda de fontes renovables para cumprir os obxectivos de descarbonización desatou unha carreira de fondos de investimento, multinacionais enerxéticas e mesmo compañías petroleiras e gasistas por situarse no sector.

Páxinas