Drons galegos de inspeccións revolucionan parques eólicos de México, Chile e Brasil

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A empresa Aerocamaras desenvolveu un sistema que permite abaratar custos á vez que se inspeccionan grandes superficies en tempo récord, facilitando o acceso a zonas complicadas e detallando o estado da estrutura con diferentes clases de medicións. Jaime Pereira, CEO da empresa, di que “o sector pedía a berros un cambio e os drons destapáronse como a solución". 

"Parques eólicos de diferentes puntos do mundo puxéronse en contacto connosco. Agora xa comproban en primeira persoa os resultados mentres Aerocamaras estende a súa marca a nivel internacional”, engade Pereira. Os multirrotores detectan avarías con rapidez descartando falsas alertas e sen necesidade de que os empregados se expoñan a perigos. Nas operacións utilízanse drons de grao industrial que soportan fortes refachos de vento e inclemencias climatolóxicas, combinado con sensores LiDAR, RGB e térmicos que permiten detectar danos nas pas, torres ou góndolas con gravacións en alta resolución e termográficas. 

A compañía galega, presente en Italia e Portugal, ten previsto seguir expansión internacional focalizando a súa actividade en Latinoamérica porque a crecente demanda enerxética levou a moitos países a reforzar as súas fontes renovables usando drons para mellorar o mantemento destas infraestruturas. Debido a esta necesidade tecnolóxica, a compañía desenvolveu un sistema que sobrevoa parques eólicos de Portugal, Italia e México e, nos vindeiros meses, comeza a operar en Puerto Rico, Chile e Brasil.

A autonomía destes drons facilita o traballo en parques eólicos ao poder subir a grandes alturas e revisar torres, góndolas e pas con resultados máis eficaces que os medios tradicionais. Ata o de agora a inspección e o mantemento de turbinas eólicas realizouse con guindastres e plataformas hidráulicas, así como con corda e estadas para escalar as estruturas que requirían asumir uns tempos e riscos elevados que se reducen co uso de aeronaves non tripuladas. A diferenza cos medios clásicos é palpable: utilizando drons, cada pa inspecciónase en aproximadamente 10 minutos, implicando a inspección total (podendo facela soamente unha persoa) e precisa da estrutura un máximo de 40 minutos, mentres que a inspección tradicional realízase ou con cámaras desde terra ou con descolgues polas pas, o que implica riscos laborais ademais de moito persoal e infraestrutura.

Fonte: Eco