O dron “Targus” comeza as súas probas de voo no aeródromo de Rozas

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A Xunta e a compañía Indra comezaron as probas de voo finais do “Targus”, o avión opcionalmente pilotado civil “máis avanzado desenvolto até a data en España”, segundo destaca a Consellería de Industria.

Feita no marco do polo aeroespacial de Rozas, en Castro de Rei, a nave está preparada para dar apoio en misións de busca e rescate, extinción de incendios, protección ambiental e do territorio e control de usos do solo, entre outras aplicacións.

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, comprobou os traballos que se están a realizar co dron. Os pasados meses de xuño e xullo, o “Targus” xa completou unha primeira serie de probas nas que, segundo a Consellería, “demostrou a súa capacidade para ser pilotado en remoto desde terra e voar de forma autónoma”.

Agora, a aeronave comeza a voar co seu sistema de misión completo, que se compón dun sofisticado radar e cámaras electroópticas e infravermellas xiro-estabilizadas que recollen e envían datos á estación de control en terra en tempo real. As probas en Rozas lévanse a cabo cun dron de 1,25 toneladas e 11 metros de envergadura.

Fonte: El Ideal Gallego