Un dron apaga incendios, entre os inventos españois do 2016

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Un dron deseñado para apagar incendios forestais, unha versión renovada do xadrez, un electrodoméstico para reciclar envases no fogar, un kit educativo baseado na neurociencia para combater o fracaso escolar, un purificador para limpar o aire dos espazos interiores, un sistema para o aforro de auga nos fogares ou unha xabón capaz de limpar sen contaminar, son algúns dos inventos españois que deixou o 2016 e que foron recollidos pola plataforma para a promoción da innovación Promoingenio.com.

Así, entre os inventos destacados atopa "Drone Hopper", o primeiro dron deseñado para actuar na extinción de incendios forestais inventado polo enxeñeiro aeronáutico e emprendedor madrileño Pablo Flores. Trátase dun avance tecnolóxico que supón un funcionamento de baixo custo e co que se pretende evitar poñer en risco, e salvar a vida de bombeiros, pilotos e persoal de rescate en incendios. Durante 2016 foi gañador de varios recoñecementos como Valor Seguro dos Premios ONE, e o premio da European Satellite Navigation Competition (ESNC).

"OtoHelix", do médico e inventor barcelonés Daniel Nahra é un dispositivo para uso doméstico e profesional deseñado para realizar a limpeza da canle auditiva de forma eficiente sen causar danos no tímpano. A súa innovación aproveita o Principio de parafuso de Arquímedes no seu cepillo en forma helicoidal que xira coidadosamente conseguindo retirar maior cantidade de cerume en menor tempo e sen perigo para o oído.

Así mesmo, na lista tamén se atopa "Neuronita" é un kit educativo desenvolvido por David Ruana. Un sistema de neurociencias composto por obxectos, actividades e metodoloxías específicas para cada etapa de crecemento entre os 0 e os 3 anos de idade. Ruana traballou cun equipo interdisciplinar composto por psicólogos, educadores, investigadores en neurociencias, e programadores de software para a construción destes kits co propósito de previr o fracaso escolar a partir da construción dunha base sólida da aprendizaxe na etapa infantil. Actualmente, máis de 2000 escolas están a aplicar o programa de actividades de "Neuronita".

Tamén se atopa entre os inventos españois do ano. "Power+" é un sistema de iluminación para mandos a distancia inventado por José Martín e Pilar Irañeta.

(Fonte: El Ideal Gallego)