Un dron de 800 gramos bate a marca Guinness de velocidade con 288 quilómetros por hora en voo

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A Drone Racing League (DLR), unha compañía que organiza e retransmite carreiras de drons, logrou a súa primeira marca Guinness grazas ao seu último dispositivo voador. O DRL Racer X, con catro hélices e apenas 800 gramos de peso, alcanzou unha velocidade máxima de 288 quilómetros por hora nunha proba, unha cifra que o converte no dron máis rápido do mundo.

Para bater a marca Guinness mundial de velocidade nun dron, o DRL Racer X debía percorrer un circuíto de ida e volta de cen metros no que debía voar cara atrás e cara a adiante. Coa axuda dunhas lentes de realidade virtual para ver a través da lente do dron, o piloto alcanzou unha media de velocidade de 263 km/h.

Desde a competición de carreiras de drons aseguran que este non foi un desafío fácil de superar. Crear o DRL Racer X e bater a marca Guinness custou meses de proba e erro "con centos de motores rotos e accidentes ardentes", asegurou o CEO da liga, Nicholas Horbaczewski, nun comunicado.

Con todo, a creación do dron e a súa proba de velocidade significan para a DLR "unha culminación de anos de innovación tecnolóxica". "Estamos moi emocionados de presentar o dron máis rápido na Terra", comentou Horbaczewski.

(Fonte: EP)