Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Galicia únese á carreira mundial na busca dunha vacina contra o Covid-19

Galicia non debe quedar atrás no traballo mundial na procura de vacinas ou fármacos contra o Covid-19. A Universidade de Santiago de Compostela (USC) daba a coñecer cinco proxectos de investigadores galegos que buscan sacar adiante un antídoto contra o SARS-CoV-2; ou ben xerar novos fármacos para facerlle fronte; axudar no desenvolvemento de tests de diagnóstico rápido e fiable; así como detectar e estudar mutacións do novo coronavirus.

Científicos galegos investigan os fármacos xa no mercado máis útiles contra o covid-19

“Estamos a tentar calcular na nosa plataforma bioinformática BioCAI que medicamentos xa existentes no mercado interaccionan coas proteínas das células ou co SARS-CoV-2 e actúan como barreira de bloqueo para que non poida infectalas e, como consecuencia, non poida replicarse: é o proceso máis rápido”.

Investigadores galegos avanzan na ciencia básica de células nai

As células nai son unha ferramenta moi prometedora no campo da biomedicina en xeral e na rexeneradora en concreto. A revolución chegou cando se descubriu que é posible utilizar células embrionarias para tratar diferentes enfermidades, desde unha paraplexia, un cancro e unha cegueira.

Primux doa 300 dispositivos móbiles a hospitais e residencias

A empresa Primux, situada no Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole-, doou 300 dispositivos móbiles a hospitais e residencias da terceira idade do norte de España. Esta acción solidaria, promovida baixo o nome “Abrazos en la distancia”, realízase en colaboración con Cenor Electrodomésticos. Con ela búscase que os usuarios dos centros hospitalarios se abracen na distancia cos seus seres queridos, a través de chamadas e videollamadas, durante esta situación de crise sanitaria provocada polo COVID-19.

O Centro Tecnolóxico da Carne cede ao CHUO un equipo para facer probas do coronavirus

Para vencer ao coronavirus, son moitas as institucións e proxectos empresariais que están a arrimar o ombreiro. Un dos últimos acordos que permitirá mellorar os medios para loitar contra a pandemia pechouse entre a Consellería de Medio Rural e Sanidade. O Centro Tecnolóxico da Carne, situado na Tecnópole de Ourense, cederá un equipo para facer probas de detección do COVID-19.
 
A cesión deste material, segundo transcendeu, realizarase polo tempo que sexa necesario e pasará a usarse polo Servizo de Microbioloxía do CHUO.

Aerocámaras ofrece drons equipados para combater o coronavirus

A empresa Aerocámaras ponse a disposición das Administracións públicas, tanto nacionais como autonómicas e locais, para ofrecer un dispositivo de apoio con drons aos servizos de emerxencias e ás forzas de seguridade co fin de colaborar na loita contra o coronavirus. A firma pioneira en formación no manexo destes equipos conta con máis de 12.000 pilotos repartidos por toda a xeografía española, ademais de contar con experiencia nas emerxencias con drons. 

Coren doa material de protección para a loita contra o coronavirus

O Grupo Coren súmase á onda de doazóns solidarias á área sanitaria ourensá desde o inicio da crise do coronavirus. A cooperativa entregou no CHUO un cargamento de 10.000 luvas de protección, 130 mergulladores de polipropileno, 1.000 batas, 1.000 pares de calzas e 122 litros de xel desinfectante. Unha colaboración na que foi clave o papel de Belén González, enfermeira da Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do CHUO.

A moda galega entrega 9.000 batas para persoal sanitario

O deseñador italiano Giorgio Armani ou a firma Prada non dubidaron en reconverter a súa produción de deseños de luxo en plantas para crear batas médicas desbotables para o persoal sanitario italiano que se enfrontaba ao Covid-19. En Galicia, varias empresas dedicadas ao téxtil tomaron nota, e ademais de confeccionar máscaras, prepararon 9.000 batas para os hospitais. Roberto Verino, Selmark, Confecciones Hortensia e Carmen Vázquez entregarán ao Sergas a primeira quenda da produción. 

A firma AMSlab investiga un test de diagnóstico rápido e uso doméstico

A I+D+i lucense tamén se suma á fronte para combater esta pandemia.

Os robots saen ao rescate e xa axudan nas tarefas de análise e desinfección

“Cando pensamos nun robot, normalmente imaxinámonos un brazo articulado nunha cadea de montaxe ou un artefacto con forma humanoide, pero hai moitas outras maneiras de automatizar un proceso e reducir ao mínimo a intervención humana”. Ignacio Armesto, profesor de Enxeñaría de Sistemas e Automática e coordinador do Máster de Mecatrónica da Universidade de Vigo, destaca o papel que xa desempeñan estoutros robots na loita contra a pandemia. 

Tres informáticos de Vigo teletraballan na supercomputación que combate o COVID-19

A súa mesa de traballo está adornada cun boneco do Dinoseto de Vigo pero o que programan axudará aos Estados Unidos a combater a pandemia global. Tres xoves desenvolvedores de programas de IBM teletraballan confinados desde as súas casas en Vigo nun proxecto do Consorcio de Supercomputación de Alto Rendemento. Trátase dunha alianza que os xigantes da intelixencia artificial e Internet fundaron nos Estados Unidos para axilizar a loita dos científicos contra o coronavirus.

O COVID-19 redeseña o mercado das exportación agroalimentarias

Tradicionalmente, o sector agroalimentario é un dos que mellor resisten as crises. Sucedeu así no 2008 cando, a pesar da que estaba a caer en toda España, “o sector agroalimentario galego mantivo ou emprego durante todo ou período e foi dos que máis medrou na exportación”, lembra Roberto Alonso, xerente do Clúster Alimentario de Galicia.

Páxinas