Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Nova convocatoria do programa Marie Curie Industry-Academia Partnerships and Pathways

Un ano máis, e no marco do Programa Persoas do VII Programa Marco, convócase o programa Marie Curie Industry-Academia Partnerships and Pathways. Cun presuposto de 80 millóns de euros, esta iniciativa busca fomentar a cooperación entre os organismos de investigación e as empresas, especialmente as pemes, para desenvolver un programa científico conxunto a través do intercambio do persoal en calquera temática.

Ciencia e Innovación destina 7 millóns de euros para potenciar a transferencia de coñecemento

O Ministerio de Ciencia e Innovación concedeu sete millóns de euros en subvencións a 35 proxectos innovadores dentro da convocatoria de apoio á transferencia en centros de investigación (INNCIDE), o que supón un 30% máis de propostas aprobadas respecto a 2010. A axuda media por proxecto foi de 200.000 euros.

Crece o temor a unha burbulla no mercado das patentes

A proliferación de pelexas nos tribunais entre compañías por suposta vulneración de patentes, as compras de empresas cuxo activo máis valorado é a carteira de patentes ou a adquisición de millonarios paquetes de patentes dunha compañía están a xustificar que moitos analistas empecen a falar da existencia dunha burbulla no mercado das patentes. E máis concretamente no planeta da telefonía móbil.

A realidade aumentada crece en aplicacións

O visitante, equipado cunhas aparatosas lentes, mete as mans no que parece ser un forno. Ao instante, os dedos comezan a arder cun inquietante realismo, ata o extremo de que un debe resistir o impulso de retiralas mentres a escena se enche de fume. Christian Sandor, da Universidade do Sur de Australia, rise mentres explica ao cronista os principios de Burnar: Feel the Heat, no que o único real é as mans do aterrorizado visitante.

Enerxía baixo o control do usuario

No marco do programa Innpacto 2011, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, desenvólvese o proxecto SHE (Smart Home Energy), unha plataforma de xestión de eficiencia enerxética para usuarios residenciais.

Crean imaxes en 3D sen pantalla

Os sistemas de representación de imaxes en tres dimensións melloraron notablemente nos últimos anos. Pasamos dos lentes de cores a pantallas que son capaces de mostrarnos impactantes vídeos tridimensionais "a ollo pelado". Non obstante, parece que o mellor aínda non chegou.

Tecnópole oferta xa o seu novo servizo de laboratorio de biotecnoloxía para toda España

O novo servizo de laboratorio de biotecnoloxía é unha instalación dotada cos máis modernos equipamentos que Tecnópole -Parque Tecnolóxico de Galicia- (Ourense) pon a disposición de empresas e centros nunha iniciativa sen precedentes para facilitar o acceso a tecnoloxía necesaria no desenvolvemento de actividades de I+D+i centradas no sector bio baixo unhas condicións de uso moi vantaxosas.

Xornada sobre novidades fiscais en Tecnópole o 15 de novembro

Técnópole, coa colaboración de Ernst&Young Avogados, organiza o próximo 15 de novembro unha xornada sobre as novidades fiscais aplicadas en 2011 e as previstas para o próximo ano.

Gaélica Solar inaugura a súa factoría de equipos autónomos de enerxías renovables coa produción de catro deseños novos de farois LED

Gaélica Solar, empresa do sector das enerxías renovables situada en Tecnópole, iniciou a actividade na súa nova factoría coa produción de catro novas versións de farois LED, denominada polos seus creadores como "o mellor farol autónomo solar do mercado".

Paneis solares fabricados en Tecnópole abastecerán 43.000 fogares en India

O grupo T-Solar, instalado no Parque Tecnolóxico de Galicia, anunciou a ampliación do seu programa de expansión internacional coa construción de 61 novos megavatios (MW) en India e Perú. A posta en marcha de senllos proxectos en ambos os dous países supón un investimento conxunto de 156 millóns de euros e converte á compañía galega na primeira española que conecta unha planta solar na península hindú.

Convocadas as axudas do Programa INNTERCONECTA-Galicia para a cooperación estable público-privada en I+D

O Ministerio de Ciencia e Innovación, a través do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), aprobou a convocatoria de 2012 para a Comunidade Autónoma de Galicia das subvencións destinadas a fomentar a cooperación estable público-privada en investigación e desenvolvemento (I+D), en áreas de importancia estratéxica para o desenvolvemento da economía.

O Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia recibe o I Premio Fedit de Innovación 2011

O VI Encontro Fedit de Centros Tecnolóxicos, celebrado en Málaga, serviu de escenario para a entrega do I Premio Fedit de Innovación, que este ano se enmarcou no Ano Internacional da Química 2011. O xurado galardoou a iniciativa titulada ''Deseño sistema catalítico de eliminación de contaminantes en vehículos diésel'', presentada polo Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG).

Páxinas