Do tablet ao ultrabook

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Se en 2011 os tablets foron, sen lugar a dúbidas, as estrelas do CES, este ano o liderado non parece estar tan claro. Porque tablets houbo, e moitos, pero moi poucos deles con novidades dignas de mención. Outros dispositivos e tecnoloxías, dende a informática á TV, repartíronse o protagonismo neste CES 2012 que acaba de rematar.
 
A implantación do iPad ideado por Steve Jobs é, hoxe, unha realidade indiscutible, e se o ano pasado as mellores firmas do mundo anunciaban os sus propias tabletas para combater á de Apple (que segue dominando o sector), esta edición do CES caracterizouse, salvo excepcións, pola invasión dunha auténtica marea de dispositivos de baixo custo, moitos deles de fabricación chinesa.
 
Por suposto, sempre hai excepcións, e a deste ano foi a Asus Eee Pad Transformer Prime, unha auténtica 'besta' que, a cabalo de Android, o Sistema Operativo de Google, é a primeira tablet que incorpora un procesador de catro núcleos (o Tegra® 3 Quad-Core de NVIDIA). Para entendernos é, sen dúbida, o máis potente e rápido de todos os tablets do mercado.
 
Máis novidosa, aínda que esperada, foi a irrupción dunha nova familia de ordenadores portátiles, unha capaz de facer fronte a outra das creacións da marca da mazá, o ultrafino e elegante Mac Book Air. O seu nome xenérico é Ultrabook, e baixo o impulso de Intel, foron creados para recuperar, polo menos en parte, o terreo que os tablets roubaron aos portátiles clásicos. Cunhas prestacións excepcionais, capaces de acenderse en poucos segundos e con deseños extrafinos, os ultrabooks irromperán este ano nas tendas (algúns deles xa o fixeron nos últimos meses), e os analistas coinciden en que será para quedar.
 
¿Recordan a auténtica manía que se produciu arredor dos famosos (e xa case defuntos) «netbooks» hai apenas un par de anos? Aqueles eran portátiles «en miniatura», con procesadores menos potentes que os dos seus irmáns maiores, e tiñan a única vantaxe do seu tamaño e lixeireza. Agora, os Ultrabooks queren seguir ofrecendo algunhas desas vantaxes (a do pouco peso), pero sen renunciar nin a un ápice de potencia e capacidades. E engadindo ademais uns deseños ultrafinos (ao xeito do Mac Book Air), que os converten, ademais de nunha excelente alternativa ao tablet, en todo un símbolo de elegancia e distinción.
 
Tamén as novas TV ensinaron as súas poutas nesta edición do CES. E puidéronse ver as primeiras pantallas OLED de gran formato, como as de Samsung ou LG (que presentou unha de 55 polgadas e un grosor de menos de 4 mm). Os led orgánicos (OLED) son un novo paso en canto a definición e calidade de imaxe, ambas as dúas moi superiores ao que pode ofrecer calquera pantalla LCD. Todos están de acordo en que estamos ante os primeiros modelos da próxima xeración en canto a pantallas se refire, aínda que é necesario que baixen un pouco de prezo para que o seu consumo empece a ser masivo.
 
Baixo a sombra de Apple
 
Lenovo, pola súa banda, sorprendeu cun televisor que, por primeira vez, funciona con Ice Cream (ou Android 4.0), a última versión do sistema operativo de Google e que empeza a verse en móbiles e tabletas. A aposta de Lenovo abre toda unha nova xeración de televisores conectados a internet, e tamén unha nova forma de «entendemento» entre diferentes dispositivos. Unha vez máis, a alongada sombra de Apple déixase sentir tamén planeando sobre este sector. E é que todo apunta a que este mesmo ano verá o nacemento dun televisor coa marca da mazá mordida.
 
Máis dun analista interpreta a «febre» de moitos fabricantes por presentar novidades no campo da TV como unha sorte de «movemento defensivo» ante o inminente ataque dos de Cupertino. E é que, se hai que guiarse por anteriores experiencias, Apple conseguiu poñer «patas arriba» todos e cada un dos mercados nos que entrou: música, telefonía, informática persoal, aplicacións... Resulta máis que curioso que unha marca que non acode ao CES dende hai 20 anos sexa un dos protagonistas da feira.
 
(Fonte: ABC)