Do cerebro ao ordenador: despega a bioelectrónica

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Os 'enlaces neuronais' abren novas posibilidades para o tratamento de enfermidades cerebrais e atraen a grandes investidores, incluído Elon Musk, o fundador de Tesla.

Na serie de novelas de ciencia ficción A Cultura de Iain M. Banks sobre o futuro da sociedade, os seus membros teñen "enlaces neuronais". Desenvolvidos a partir dunha semente implantada no cerebro no momento do nacemento, estas interfaces home-máquina conéctanse á intelixencia artificial e acceden a "universos de datos" de información. Tamén poden facer unha copia do cerebro ao morrer, subila a unha nube e permitir así que sobreviva a consciencia do portador.

Elon Musk, seguidor da obra de Banks, inspirouse nestes enlaces cando ideou Neuralink, unha empresa de investigación médica que explora a fronteira da biotecnoloxía. Nunha presentación, Musk explicou que a finais de ano comezarán as probas dos implantes da compañía, cuxo fin é permitir a comunicación entre o ordenador e o cerebro.

Mentres novelistas como Banks exploran as implicacións da tecnoloxía a través da ciencia ficción, a neurociencia do mundo real podería permitir que nunhas décadas haxa no mercado dispositivos que desafíen o noso entendemento da humanidade e das enfermidades.

Aos profesionais médicos non lles importa tanto o potencial que dispositivos como os que está desenvolvendo Neuralink teñen para a comunicación home-máquina como para o tratamento de diversas enfermidades como a parálise ou os danos do sistema nervioso. George Malliaras, un profesor de Tecnoloxía da Universidade de Cambridge, pon o exemplo dun dispositivo que se comunica cunha máquina para axudar a unha persoa a falar tras sufrir un derrame cerebral.

Tecnoloxía madura

A bioelectrónica pode parecer algo novo, pero o marcapasos, un dispositivo electrónico conectado ao corazón que axuda a regular os latexos, é unha tecnoloxía madura desde os anos 50, explica.

"O novo hoxe en día é a énfase no cerebro", sinala Malliaras. O cerebro determina a nosa personalidade e quen somos, explica, e formula retos moi distintos para a privacidade e a seguridade que dispositivos como os audiófonos, que levamos décadas utilizando.

O progreso na enxeñería abriu unha "era de exploración", apunta Tim Denison, un profesor de Enxeñería Biomédica da Universidade de Oxford. Podería pasar unha década ata que dispositivos tan complexos cheguen ao mercado, pero os recentes progresos en enxeñería están dando aos investigadores novos coñecementos sobre o cerebro.

Denison puxo o exemplo dun marcapasos cerebral que se utiliza para combater a epilepsia. O dispositivo recibiu a aprobación da Administración de Alimentos e Medicamentos de EEUU en 2013, e desde entón deu aos neurocientíficos numerosos datos que lles axudan a entender como funciona o cerebro.

Estes coñecementos, sumados aos progresos na miniaturización, a tecnoloxía de baterías e a intelixencia artificial, abren a posibilidade de crear dispositivos que poidan comunicarse co cerebro e ofrecer distintas formas de tratar numerosas enfermidades.

(Fonte: Expansión)