Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A empresa española IUCT crea un fondo de capital semente para emprendedores innovadores

A empresa española IUCT creou o Fondo de Capital Coñecemento, que axudará na creación ou crecemento de empresas innovadoras do sector químico, farmacéutico e biotecnolóxico grazas a un investimento de catro millóns de euros para investir en 10 anos a razón dun volume de investimento por operación de entre 50.000 e 400.000 euros.

Crean o motor máis pequeno do mundo cunha molécula

Químicos da Universidade Tufts (EE.UU.) desenvolveron o primeiro motor eléctrico cunha soa molécula. Este dispositivo mide só un nanómetro de diámetro, algo infinitesimal. Para facernos unha idea das súas dimensións nanométricas abonda dicir que un só filamento de cabelo humano ten aproximadamente 60.000 nanómetros de ancho.

O biopetróleo, unha revolución en marcha

O biopteróleo creado por Bio Fuel Systems a partir da captura e neutralización de CO2 será presentando na Conferencia Mundial 'Os Talleres da Terra 2011'como "unha solución tecnolóxica que xa existe" e "un modelo que representa unha verdadeira revolución".

Norias xigantes para revolucionar a enerxía eólica

Yuji Ohya, un profesor da Universidade de Kyushu, presentou no marco da Exposición Internacional de Enerxías Renovables realizada en Yokohama (Xapón), un novo tipo de xerador eólico. O concepto posto a punto por Ohya chámase "Wind Lens" e consiste basicamente nunha turbina embutida nunha estrutura con forma de aro que fai as veces de "lente" capaz de intensificar o fluxo do vento que incide sobre ela.

A vangarda biotecnolóxica "Made in Spain" dá o salto a EE.UU.

O sector biotecnolóxico español crece a unha media do 15% anual e está integrado por ao redor de 1100 empresas, o 88% da cales contan con actividade internacional.

Crean un novo tipo de memoria con grafeno

Necesitamos máis espazo de almacenamento. A medida que as cámaras dispoñibles nos nosos teléfonos móbiles aumentan a súa resolución, e que os vídeos que compartimos cada día ocupan máis espazo, a memoria interna dos nosos gadgets ou a capacidade das nosas memorias USB debe incrementarse proporcionalmente.

A hedra solar reduce o impacto visual dos equipos de enerxías renovables

As renovables empezan a ocupar máis espazo nas cidades. Pero a súa presenza segue sendo hoxe case insignificante. Unha opción para lograr que estas tecnoloxías se integren é reducir o seu impacto visual. E que mellor que imitar á natureza para alcanzar este obxectivo. Proba diso é a hedra solar.

Un proxecto europeo mellora a transmisión global de datos

Un equipo de investigadores desenvolveu dous compoñentes novos que poderían contribuír a que Europa resolva varios retos incitantes no ámbito da comunicación, concretamente na investigación sobre amplificadores ópticos.

Galicia duplica a captación de fondos europeos no VII Programa Cadro de I+D e cumpre obxectivos dous anos antes do previsto

O apoio da Xunta de Galicia ás iniciativas de captación de recursos no eido da I+D+i ten impulsado dun xeito determinante a captación de fondos do VII Programa Cadro de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico da Unión Europea (7PC), así como a capacidade axentes galegos para presentar propostas de I+D+i competitivas a nivel europeo, superaron con moito as expectativas formuladas a principios de 2007, en especial no que se refire ás empresas.

Empresas tecnolóxicas galegas viaxan a India, China e México

A Dirección Xeral de I+D+i da Xunta, co apoio do IGAPE e en colaboración con INEO, organizará nas próximas semanas tres misións de transferencia de coñecemento e tecnoloxía en India, China e México.

Telefónica supera as 2000 propostas de 'start-ups' no plan Wayra

Telefónica superou xa as 2000 propostas de start-ups no seu proxecto de investimento Wayra. A operadora fixo a selección en Colombia, España e México. Os procesos están abertos en Arxentina e Perú, e nas próximas semanas empezarán en Brasil, Venezuela e Chile.

Estudantes valencianos crearán unha alternativa biolóxica á desinfección química de augas contaminadas

Estudantes de varias universidades valencianas participan nun proxecto internacional co obxectivo de deseñar unha alternativa biolóxica para a desinfección de augas contaminadas eliminando organismos patóxenos.

Páxinas