A Deputación de Ourense convoca a contratación de servizos para as instalacións deportivas de Tecnópole

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A Deputación de Ourense convocou a contratación do servizo de socorrismo, limpeza e conserxería das instalacións deportivas do Parque Tecnolóxico de Galicia para a próxima tempada de verán, dende o 1 de xuño ao 31 de agosto e sen posibilidade de prórroga.

O importe base de licitación é de 21.465 euros e será satisfeito polo adxudicatario mensualmente. As instalacións comprenden tres campos de fútbol, un de fútbol sala, dúas pistas de tenis, unha de automodelismo e a piscina.

(Fonte: Faro de Vigo)