Delfín de Prata en Cannes para o documental “Elcano 360º” de RTVE, Visyon e os drons de Aerocamaras

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Os prestixiosos Cannes Corporate Media & TV Awards premiaron o documental “Tras la estela de Elcano: una travesía en 360º”, realizado por RTVE, Visyon (Mediapro) e a colaboración de Aerocamaras. O traballo recibiu o Delfín de Prata na categoría de Mellor Contido de Realidade Virtual e vídeos de 360 graos e ofrece ao espectador unha panorámica inmersiva dentro do buque escola da Armada Española.

RTVE e Visyon contaron cos drones de Aerocamaras para a gravación das espectaculares imaxes aéreas que poden verse no documental realizado en 2019, sendo pioneiro en producirse en 360º. O certame, un dos máis prestixiosos a nivel internacional, escolleu este traballo entre os 900 candidatos presentados inicialmente.

O documental tiña por obxectivo a conmemoración do 500 aniversario da primeira volta ao mundo marítima, que foi realizada polos españois Juan Sebastián Elcano e Magallanes entre os anos 1519 e 1522. O resultado é un extraordinario vídeo que inclúe gráficos, ilustracións, planos con drons e unha recreación de como viviron os mariñeiros aquela travesía histórica.

O galardón de Cannes é o terceiro que obtén “Tras la estela de Elcano: una travesía en 360º”, despois de obter o Globo de Ouro ao mellor contido de realidade virtual no World Media Festival de Hamburgo 2020 e a Mención de Honra dos Premios Webby Awards.

Os drons de Aerocamaras

Aerocamaras colaborou con drons dotados con cámaras de filmación 360º e en calidade 4K, capaces de lograr imaxes cunha moi alta calidade visual. Os profesionais responsables da pilotaxe dos drones foron Jaime Pereira, CEO de Aerocamaras, e Borja Rodríguez, piloto con máis de 7 anos de experiencia. Actualmente, a operadora de drons conta cos modelos DJI Mavic 2 Prol e o DJI Matrice 600 PROL e sempre está á vangarda na adquisición e desenvolvemento de UAS tecnoloxicamente adaptados ás demandas sociais, grazas a un equipo propio de I+D+i.

Fonte: Aerocamaras