Defensa selecciona á firma viguesa Tekplus para desenvolver un helicóptero non tripulado

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

A firma viguesa Tekplus Aeroespace foi seleccionada polo Ministerio de Defensa para desenvolver un helicóptero non tripulado que prestará servizo en diferentes unidades do Exército a partir de finais de 2013.
 
Tekplus é unha das 23 compañías e universidades españolas que entrarán a formar parte do programa Coincidente (Cooperación en Investigación Científica e Desenvolvemento de Tecnoloxías Estratéxicas), posto en marcha polo departamento que dirixe Carmen Chacón, co que se pretende "aproveitar as tecnoloxías desenvolvidas no ámbito civil para aplicacións de utilidade para a defensa, co obxecto de fomentar o tecido industrial, científico e tecnolóxico dedicado ás forzas armadas".
 
Esta enxeñería viguesa desenvolveu ata o momento catro tipos de helicópteros non tripulados con diferentes configuracións e prestacións, que foron presentadas en importantes salóns aeronáuticos. O pasado ano Tekplus estivo na feira Laad, celebrada en Río de Xaneiro en abril do ano pasado, e o stand foi visitado polo secretario de Defensa español, o pontevedrés Constantino Méndez, e no de Le Bourget (París), mentres que este ano estará presente n os certames de Fidae (Chile) e Unvex (Madrid), este último dedicado exclusivamente aos sistema aéreos non tripulados.
 
O modelo base que servirá para o desenvolvemento do novo proxecto ten 3 metros de diámetro do rotor, 3,4 metros de lonxitude, un peso de 70 quilos e será capaz de permanecer no aire entre 3 e 4 horas, dependendo das condicións meteorolóxicas, e terá unha autonomía de 70 quilómetros.
 
O helicóptero poderá incorporar nas súas misións diversos sistemas de visión, tanto diúrna como nocturna, con equipos de cámaras infravermellas, multiespectrais, vídeo, sistemas de identificación de aeronaves en voo e radares.
 
Fontes da empresa sinalaron que o seu proxecto é o único dentro do programa Coincidente de Defensa que estará dedicada ao desenvolvemento e posta en marcha dun helicóptero non tripulado. "Todos os materiais, a excepción da motorización e algún outro elemento, foron construídos e deseñados nos nosos laboratorios. Todas as partes estruturais se desenvolveron en colaboración dunha ducia de empresas galegas", sinalan fontes da empresa.
 
Medio centenar de empregados
 
O crecemento desta empresa viguesa fixo que dende principios deste ano ata agora se contratara 20 enxeñeiros, co que o equipo a final de ano alcanzará as 52 persoas.
 
O rápido desenvolvemento de Tekplus, que conta con instalacións en Porriño e nos municipios madrileños de Tres Cantos e Getafe "non sería posible sen a colaboración e o apoio da Consellería de Industria e Xesgalicia. Este último organismo participa cun crédito participativo de 850.000 euros na compañía aeronáutica.
 
O desenvolvemento do helicóptero non tripulado estenderase ata finais de 2013, que será o momento en que se poida producir en serie en función dos requirimentos de Defensa español e doutros países, fundamentalmente de Iberoamérica e do sueste asiático, que mostraron o seu interese por incorporar estes sistemas os seus exércitos.
 
(Fonte: Faro de Vigo)