As deducións fiscais, claves para apoiar a innovación en Europa

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
As deducións fiscais por I+D son un piar esencial de apoio á innovación, segundo máis da metade das empresas enquisadas na sétima edición do Barómetro de Financiamento da Innovación, que elabora anualmente Alma Consultoría e que pon de relevo que, malia que a crise fixo cambalear as bases do crecemento económico español en 2009 e a que o PIB descendeu un catro por cento, a innovación segue sendo o factor de desenvolvemento económico máis importante en España.
 
O barómetro, elaborado por Alma Consultoría Group tras analizar 2041 empresas, pemes, e grandes grupos empresariais de Francia, Alemaña, España (309 compañías), Hungría, Polonia, Portugal, República Checa e Reino Unido, é un reflexo do uso dos instrumentos de financiamento, o emprego e os investimentos en I+D que fixeron as empresas europeas en 2011.
 
Segundo esta enquisa, o 57% das empresas españolas consideran a I+D unha estratexia "clave" para desenvolverse e manterse competitivos no mercado, sendo a calidade dos produtos e servizos (49%) e o desenvolvemento internacional (39%) as pedras angulares do crecemento económico.
 
O 73% das empresas enquisadas manifesta un grande optimismo no futuro no que á innovación se refire, e o 53% reinviste unha parte importante dos seus beneficios en I+D.
 
Outro interesante dato confirma que a dedución fiscal por actividades de I+D permitiu ao 34% das empresas aumentar persoal dedicado ao I+D e ao 40% incrementar a cantidade de innovacións comerciais.
 
A nivel europeo, o 61% das empresas innovadoras decláranse gravemente afectadas pola ralentización da actividade económica en 2010. O financiamento externo dos proxectos innovadores das empresas europeas dependeu nun 66% do financiamento público, e o seu posible recorte polos gobernos europeos abriu a porta a unha incerteza sobre a capacidade de innovación das empresas beneficiarias.
 
Con todo, o 57% das empresas europeas declarou que a innovación foi o piar da súa estratexia de crecemento para 2011, situándose a dedución fiscal á I+D á cabeza dos instrumentos incentivadores de Europa, cunha utilización do 53%.
 
Ademais, as empresas consideran que a asignación de fondos para o sector privado é insuficiente: unha de cada tres empresas innovadoras non está satisfeita co crédito bancario (34%); un 35% co Private Equity e un 32% coas subvencións e anticipos reembolsables.
 
Como era de esperar, e a pesar da súa ausencia en Alemaña, as deducións fiscais por I+D seguen sendo a opción de financiamento máis utilizado en Europa: obtendo un valor maior que as Subvencións e os Empréstitos no Reino Unido, Francia, Portugal, República Checa e Bélxica (máis do 65% dos enquisados declaran empregalas) e son menos utilizadas nos países de Centro Europa (menos do 37%), onde os instrumentos de financiamento son máis recentes (renovados en 2004 en Hungría, e introducidos en 2005 na República Checa). Alemaña non presentou aínda ningún plan de dedución fiscal á I+D, pero o 65% das empresas enquisadas cren que poderían empezar a ser un mecanismo clave para as súas actividades de I+D.
 
Completando o panorama dos instrumentos de financiamento, as axudas e subvencións son consideradas como un incentivo para a posta en marcha de proxectos conxuntos de investigación e colaboración. Dado que as axudas e as subvencións se reciben en parte antes de comezar o proxecto, permiten a seis empresas de cada 10, aumentar tanto a súa contratación de persoal en I+D como as asociacións de investigación ou participación en consorcios.
 
As empresas europeas innovadoras seguen sendo optimistas a pesar de todo Malia a crise, o 74% das empresas afirma ter confianza no futuro. O 87% mantiveron e mesmo aumentaron o seu presuposto de I+D nos últimos tres anos (no 48% delas apréciase mesmo unha franca mellora). Francia está á cabeza co 89%, seguida de Bélxica (69%) e Alemaña (56%). As empresas españolas atópanse aínda no 36%.
 
(Fonte: Innovaspain)