A cúpula da Confederación de Empresarios de Galicia visita Tecnópole para coñecer o seu modelo de apoio ao emprendemento

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
O novo presidente da Patronal galega, acompañado por varios representantes das delegacións provinciais da entidade, visitaron Tecnópole este martes, especialmente interesados polo seu modelo de apoio ao emprendemento.

José Manuel Fernández Alvariño, máximo responsable da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) desde o mes pasado, e os demais representantes da organización foron recibidos pola directora financeira de Tecnópole, Luisa Pena, que os guiou polas instalacións do Centro de Empresas e Innovación e mostroulles un dos niños da incubadora empresarial, á vez que lles expuxo as características e a traxectoria do que é o viveiro para emprendedores máis lonxevo de Galicia.

Posteriormente, realizaron un percorrido polo recinto do Parque Tecnolóxico de Galicia para coñecer a súa distribución e as novas parcelas xa dispoñibles para empresas que resultaron da recente ampliación de superficie.

A visita tivo lugar despois da reunión do Comité Executivo da CEG, celebrada en Ourense.

(Fonte: Tecnópole)