Cuarta edición do Programa de Inmersión de Spain Tech Center

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
As empresas españolas de base tecnolóxica poderán inscribirse ata o 2 de marzo para a cuarta edición do Programa de Inmersión de Spain Tech Center, unha iniciativa posta en marcha por ICEX, Red.es e Banco Santander que levará a varios emprendedores tecnolóxicos a Silicon Valley.

Nun comunicado, Spain Tech Center explica que as empresas elixidas poderán realizar un programa de formación e networking con perfís de alto nivel de Silicon Valley durante dúas semanas "para coñecer o ámbito, interactuar con axentes e actores do ecosistema de innovación, e valorar unha posible entrada ao centro mundial de tecnolóxica".

Os interesados en participar poden inscribirse a través da web www.stcimmersion.com e para ser considerados deben desenvolver un produto ou servizo de alto valor tecnolóxico e un modelo de negocio efectivo e con tracción de mercado demostrable. Ademais, as empresas deben estar rexistradas en España ou contar con polo menos cun fundador español para poder ser elixidas.

En concreto, o programa implica unha formación de dous días que se realizará a finais de marzo en Madrid e dúas semanas intensivas de talleres e formacións especializadas, sesións con empresas emblemáticas como Google ou Eventbrite, reunións con investidores e eventos de networking na baía de San Francisco.

"Do 25 de abril ao 6 de maio, os seleccionados terán a oportunidade de interactuar expertos en investimento, leis, oratoria, mercadotecnia, emprendemento, desenvolvemento de negocio e tecnoloxía, así como con emprendedores exitosos e empresarios de alto nivel, ademais de visitar a base dalgunhas das empresas máis poderosas do mundo", remarca.

Por outro lado, Spain Tech Center resalta que a revista Forbes incluíu a Pablo Pantaleoni, participante da primeira edición do programa e creador da empresa sanitaria MedTep, na súa lista "30 under 30", na que seleccionan os 30 mozos emprendedores máis creativos, innovadores e valentes de Europa.

Ademais de Pantaleoni, outras 30 empresas formaron parte do Programa de Inmersión, o que lles achegou "un valor engadido e proporcionado unha experiencia única e unha extensa rede de contactos en Estados Unidos". De feito, Spain Tech Center remarca que polo menos 10 delas teñen operacións abertas en San Francisco.

(Fonte: EP)