El CSIC se encarga de la protección de los paneles solares de la última misión espacial a Mercurio

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Dende a base de lanzamento de Kourou, na Guayana Francesa, lanzouse ao espazo o pasado sábado un Ariane-V que transporta dúas sondas que orbitarán Mercurio, cando cheguen a el dentro de sete anos. A misión leva o nome de BepiColombo e conta con participación española.

E é que o Instituto de Microelectrónica de Barcelona do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) deseñou e fabricou 700 díodos de protección das celas fotovoltaicas dos paneis solares, que estarán expostos a temperaturas moi extremas: de 300 oC durante o 'día' ata 150 oC baixo cero na 'noite'. Están situados xunto aos paneis para protexelos en caso de fallo dunha das celas.

Para que os dispositivos poidan resistir estas condicións extremas, o equipo liderado polo profesor Philippe Godignon desenvolveu os díodos con carburo de silicio, un novo semicondutor que está a substituír ao silicio en moitas aplicacións da electrónica de potencia como, por exemplo, o coche eléctrico. Neste proxecto participou tamén ALTER Technology de Madrid, realizando os tests e a cualificación para o espazo dos díodos.

O reto era desenvolver un dispositivo semicondutor capaz de soportar temperaturas extremas e preservar o funcionamento dos paneis solares. "Os paneis solares da nave estarán dispostos en liñas horizontais conectadas -explica Godignon-. Hai que conseguir que, aínda que falle unha, as outras sigan funcionando".

Por iso, cada unha destas liñas de celas solares terá un díodo de alta tensión en serie, un compoñente electrónico que permitirá desconectar a liña defectuosa e asegurar que o funcionamento das celas adxacentes siga garantido.

BepiColombo é unha misión conxunta entre a Axencia Europea do Espazo (ESA) e a Axencia Xaponesa do Espazo (JAXA). As dúas sondas que inclúe son o Mercury Planetary Orbiter (MPO) e o Mercury Magnetospheric Orbiter (MMO), cada unha co seu propio panel solar.

(Fonte: Innovaspain)