Crean un sistema de sensores para monitorizar anciáns

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Poñen en marcha unha proba piloto dun sistema de sensores de gases que se basea en intelixencia artificial para monitorizar persoas maiores que viven soas

A información recollida polos sensores procésase con algoritmos desenvolvidos polo Centre de recerca en Enginyeria Biomèdica da UPC (CREB) e a intelixencia artificial aplicada pola empresa Sensing&Control.

Os sensores teñen como funcións principais alertar dos perigos e extraer un patrón de comportamento da persoa, o que, grazas á intelixencia artificial, permite identificar se unha persoa maior se afasta significativamente da súa rutina, "o que constitúe un sinal de alarma do seu comportamento", segundo o conselleiro delegado de Sensing&Control, Narcís Avellana.

O sistema está formado por dous ou tres dispositivos que se instalan no comedor, o cuarto e a cociña da vivenda e os sensores que levan incorporados poden detectar diversos tipos de gases, como o dióxido de carbono ou hidrocarburos, entre outros.

Isto permite saber se a persoa está presente ou non nun espazo, se deixou o gas acendido, se hai mala ventilación ou comida podrecida no piso.

Para o investigador do CREB, Jordi Fonollosa, os sistemas de monitorización convencionais, como as videocámaras ou os sensores de movemento a miúdo son "bastante intrusivos e crean receo, comprometen a privacidade e teñen limitacións como os ángulos mortos".

(Fonte: ABC)