Crean uns revolucionarios globos solares para producir enerxía

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Estes globos equipados con paneis solares serían capaces de flotar a unha altitude de ata 20 quilómetros, evitando así a interferencia das nubes. O maior problema que enfrontan os paneis solares, é o aproveitamento da enerxía solar, algo que depende das condicións meteorolóxicas, así como da cantidade de luz solar que reciben diariamente, aínda así, as células fotovoltaicas só son capaces de aproveitar unha parte do espectro solar.

O ideal sería que os paneis solares se puidesen colocar onde as nubes non interfiran coa luz solar, con isto en mente, investigadores de NextPV, un laboratorio operado conxuntamente pola francesa CNRS e a Universidade de Tokyo, desenvolveron unha solución que consiste en globos equipados con paneis solares, que serían capaces de flotar a unha altitude de ata 20 quilómetros, evitando así a interferencia das nubes.

A esta altitude, a luz solar é máis intensa e a concentración de enerxía solar é máis eficaz, polo que o aproveitamento se incrementaría de forma considerable. Ata aquí, todo ten certa lóxica e non atopamos ningunha sorpresa, o punto é que non se sabe se esta idea é factible tanto do lado financeiro como do práctico.

Os investigadores non especificaron os custos que levaría consigo un proxecto deste tipo, así que non é posible comparar os beneficios que traería esta idea contra o que temos hoxe en día, sendo este o primeiro grande obstáculo.

A pesar de todo isto, en NextPV están convencidos de que a idea é viable e xa están a planificar o lanzamento dun prototipo durante este ano, e a partir destas probas tratarán de resolver os cuestionamentos e axustar moitos dos posibles inconvenientes.

(Fonte: EP)