Crean por primeira vez un minicerebro de laboratorio

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Non se trata de intelixencia artificial, nin tampouco dunha simulación informática, senón dun auténtico cerebro en miniatura, construído a base de neuronas de rata e que demostrou, ademais, ser capaz de desenvolver unha memoria a curto prazo e manter "recordos" durante doce segundos.
 
O minicerebro, formado por entre 40 e 60 neuronas, foi creado por un equipo de investigadores da Universidade de Pittsburgh, que intentaban dende hai tempo desenvolver un cerebro artificial que puidese servir para investigar como se forman as redes neuronais e como o noso cerebro é capaz de transmitir e almacenar datos dunha forma tan eficiente.
 
Para conseguir este milagre de laboratorio, os científicos pegaron a un disco de silicona unha capa de proteínas, e engadiron á mestura células cerebrais procedentes de embrións de rata. As neuronas uníronse ás proteínas e empezaron a realizar sinapse, conectándose espontaneamente as unhas ás outras e adoptando a forma de anel que a vai na fotografía.
 
Un estímulo de 12 segundos
 
Por se non fose suficiente con facer crecer un cerebro en miniatura nunha placa de Petri, os investigadores decatáronse de que, cando estimulaban as neuronas con electricidade, o microcerebro reaccionaba durante doce longos segundos. O Cal constituíu toda unha sorpresa, xa que non esperaba que o estímulo durase máis dun cuarto de segundo.
 
O minicerebro artificial, pois, era capaz de almacenar a información (o estímulo recibido pola descarga) e desenvolver o seu propio sistema de memoria a curto prazo. As neuronas transmitían o sinal secuencialmente, unha detrás doutra, emulando a actividade cerebral dun cerebro auténtico.
 
Este impresionante logro únese ao enorme paso dado por outro grupo de investigadores, esta vez da Universidade de Stanford, que conseguiron, por primeira vez, transformar células correntes da pel humana en neuronas completamente funcionais e capaces de formar sinapse con outras células nerviosas.
 
(Fonte: ABC)