Crean un pasaporte dixital de viaxes para vender experiencias persoais

Mensaxe de aviso

Automatic fallback to the cURL connection method kicked in to handle the request. Result code from the failing request: 503

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Cambiar a forma de viaxar, convertendo calquera persoa nun "posible vendedor de experiencias" a través de "pasaportes dixitais" que levaremos nunha aplicación do móbil. Con esa idea naceu o proxecto Passporter.

De momento, e tras unha segunda rolda de captación de investimentos, onde un grupo madrileño achegou 250.000 euros, "os emprendedores enfróntanse ao momento do lanzamento ao mercado, dirixido a España e Estados Unidos.

O proxecto naceu hai pouco máis dun ano da man de Diego Rodríguez e Andrea Cayon, os que fundaron Passporter, "unha aplicación móbil baseada nun pasaporte no que viaxeiros de todo o mundo almacenan as súas viaxes, con fotos e vídeos, que serven de inspiración e de ferramenta para planificar próximas viaxes".

A idea de Passporter nace pola paixón polas viaxes dos seus creadores. Ambos os dous percorreron o mundo creando contido para marcas turísticas. E é nunha desas viaxes cando dan coa idea de negocio e o concepto de marca.

Marca por e para viaxeiros

Deste modo, Passporter preséntase como "unha marca fundada por viaxeiros para viaxeiros. Unha ventá ao mundo a través dos nosos dispositivos móbiles e de experiencias reais por xente real de todas as nacionalidades posibles. Unha nova forma de viaxar a través de contido de usuarios de todo o mundo".

Así, a comunidade de Passporter formada por "usuarios" e "embaixadores" nútrese de contido internacional, con "recordos e experiencias". Por exemplo, Passporter conta con embaixadores como Lexie Alford, unha rapaza californiana de 19 anos, posuidora do record Guiness como a muller máis nova en estar nos 196 países do mundo. Ela almacena as súas fotos e vídeos no pasaporte dixital, "inspirando ao resto de viaxeiros que pronto visitarán todos eses destinos".

Cambiar a forma de viaxar

"O obxectivo é cambiar a forma de viaxar, convertendo calquera persoa nun posible vendedor de experiencias" a través destes pasaportes dixitais. Deste modo, os usuarios da app poden crear un pasaporte (con recordos de viaxes, fotos e vídeos); subscribirse ás actualizacións dos mellores viaxeiros no mundo para inspirarse co seu contido; subscribirse aos destinos que prefiran; ou ben conseguir os lugares exactos onde se tomaron as fotos para visitalos", o que pode incluír aloxamentos, establecementos, etc.

A empresa prevé levar a cabo o lanzamento mundial en setembro, aínda que o produto xa está dispoñible nas tendas dixitais de Apple e Google.

(Fonte: Hosteltur)